Providencia de Alcaldía do Concello de Sandiás pola que se dispón o inicio do trámite de consultapública de aprobación da Ordenanza reguladora do uso do Pavillón Polideportivo e do Ximnasio do Concello de Sandiás

De conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento
Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de mellorar a participación dos
cidadáns no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración do proxecto da
Ordenanza reguladora do uso do Pavillón Polideportivo e do Ximnasio do Concello de
Sandiás , solicítase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente
afectados pola futura norma acerca de:

a) Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa.
b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación.
c) Os obxectivos da norma.
d) As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

Os cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións
sobre os aspectos expostos no seguinte cuestionario durante o prazo de 10 días a contar desde o día
seguinte ao de publicación do presente anuncio na web municipal, mediante a súa presentación en
calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento
Administrativo Común das Administracións Públicas.

Problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa
Regulación detallada do uso do Pavillón Polideportivo e Ximnasio Municipal

Necesidade e Oportunidade da súa aprobación
O Concello carece dunha regulación detallada do uso do Pavillón
Polideportivo e Ximnasio Municipal.

Obxectivos da norma
Ter unha ordenanza reguladora que estableza as normas de prestación do servizo e uso do Pavillón Polideportivo e Ximnasio Municipal

Posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias
Resulta preciso aprobar un regulamento detallado do servizo e uso que responda as situación que se poden plantexar porque actualmente este municipio carece dunha regulación.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?