Providencia de Alcaldía do Concello de Sandiás pola que se dispón o inicio do trámite de consulta pública de aprobación do Regulamento de Servizo de Abastecemento do Concello de Sandiás

De conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento
Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de mellorar a participación dos
cidadáns no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración do proxecto de
Regulamento de Servizo de Abastecemento do Concello de Sandiás, solicítase a opinión dos suxeitos e
das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma acerca de:
a) Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa.
b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación.
c) Os obxectivos da norma.
d) As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.
Os cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións
sobre os aspectos expostos no seguinte cuestionario durante o prazo de
10 días a contar desde o día
seguinte ao de publicación do presente anuncio na web municipal, mediante a súa presentación en
calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento
Administrativo Común das Administracións Públicas.

  1. Problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa: Regulación detallada do servizo de abastecemento de auga do concello de Sandiás.
  2. Necesidade e Oportunidade da súa aprobación: O Concello carece dunha regulación detallada e actualizada do servizo de abastecemento de auga do Concello de Sandiás.
  3. Obxectivos da norma: Ter un regulamento que estableza as normas de prestación do servizo.
  4. Posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias: Resulta preciso aprobar un regulamento actualizado e detallado do servizo que responda as situación que se poden plantexar porque actualmente este municipio carece dun regulamento con máis detalle.
Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?