Sandiás abre o outono/inverno culturais 2025-26 cunha ampla oferta de 40 actividades de temáticas variadas e para todos os públicos

O Concello de Sandiás presentou a súa programación cultural para o Outono-Inverno de 2025-26, con cuarenta actividades de distinta temática e para púbicos diversos que se desenvolverán entre os meses de Outubro e marzo.

 

A programación comezou o  pasado día 1 Luns de Setembro coa proposta de educación ambiental e toma de conciencia do coidado do noso patrimonio natural levada a cabo por Inma Soto, “Xela, Aventura na Fraga” organizada polo proxecto de animación lectora da Furgoteca. No mes de Setembro leváronse a cabo tamén actividades de “Consumo en Ruta” sobre os dereitos dos subministros do fogar, formación sobre corresponsabilidade no fogar, a proxección dun documental musical “Zaguia  Sul Guarda Ríos pondo en valor o patrimonio local e o de Portugal financiado pola República Portuguesa, finalizou o Campamento Concilia de Verán e o Programa Rosalía para mulleres rurais.

 

O resto dos meses ata xuño está cheo de actividades diversas relacionadas co voluntariado de educación ambiental, diversos faladoiros sobre a Lagoa de Antela e as perspectivas de futuro, a posta en valor do patrimonio xeolóxico nas Areeiras de Sandiás, educación familiar, exposicións temporais de costura onde homenaxean os labregos e labregas da zona, obradoiro de ximnasia, costura e pintura; campañas de solidaridade coa recollida de alimentos no Nadal; un amplo programa de actividades relacionadas co día da Non Violencia contra a muller, concerto de Nadal con Emilio Rúa e Xosé Carlos Caneiro mesturando música e poesíaxornadas micolóxicas; animación lectora en todas as aldeas e clube de lectura co libro de historia e memoria, “Arcos. Historia e experiencia comunitaria”; presentación do libro de poesía de Rochi Nóvoa (“Versos e Lúas) acompañado de actividades didácticas; Festival de Nadal cos máis cativos;  visita dos Reis Magos e Cantar dos Reis polas aldeas; propostas lúdicas para os máis cativos como Pazolandia e teatro de monicreques cos Bolechas; entroido local coa participación do PAI e o Ceip de Sandiás  e actividades varias de promoción socio-comunitaria como o Magosto Popular, Concerto de Nadal, Cantar os Reis polas aldeas, Obradoiro de Memoria

 

Todos estas actividades foron presentadas polo alcalde Felipe Traveso, o concelleiro de cultura Pepe Gándara e Pilar Cabrera de Política Social e Participación Cidadá acompañados de outros membros do equipo de goberno. O equipo de goberno desexa que o plan variado de actividades onde intentan estar presentes intereses diversos e idades diferentes sexa do interese dos veciños e veciñas, nenos, xóvenes e adultos. Así mesmo, invita aos veciños e veciñas a participar e implicarse nos actos programados como veñen facendo nos últimos anos. Así, xente de todas as idades poderán participar nas actividades do concello.

 

Para información e inscrición nas actividades convén estar atentos ao cartaz xeral de actividades e a cartelería específica adicada a cada unha delas que se publicará ao longo dos próximos meses.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?