Sensorialidade, interactividade, cores e sons con a xanela do Maxín interpretando “Babá-bebé” no punto de atención infantil do Concello de Sandiás

Grazas aos nenos, nenas e familias participantes na interpretación da obra “Babá, Bebé” levada a cabo polo grupo A Xanela do Maxín o pasado venres, 26 de Xullo ás 18.00 h da tarde no Punto de Atención Infantil (PAI) do Concello de Sandiás.

Que tarde tan marabillosa e diferente. A historia do osiño Babá bebé encheou a pequena escola di Punto de Atención Infantil de Sandiás de cores, de fragancias, de música,… Todo feito con moito detalle e amabilidade, moi ben estructurada a historia, o que fixo en todo momento partícipes aos peques e que saltarán unha e outra vez ao escenario a participar da historia. E os bebés coas miradas atentas a todo o que acontencia: a bola que cambiaba de cor, os diferentes sons e querían tocar todo o que se lles ofrecía, a sorpresa das pompas de xabón e as familias cantando e aplaudindo a canción de ” Baba Bebé Bebé, Babá…”

Os destinatarios foron nenos e nenas de 0-3 anos. Tratouse dunha obra de pequeno formato moi estimulante na que bebés e familias se mergullan nun espazo acolledor, seguro e propicio para desfrutar do paso das estacións, que se inicia nunha primavera na que podemos observar e sentir o reino vexetal que comeza a medrar e un osiño que esperta, para despois pasar polo verán coa súa calidez e un mar que nos abraza, o ocre do outono e finalmente o frío inverno, onde o noso osiño se bota a durmir, descansando de todos os xogos e brincadeiras. Os intérpretes solistas fixeron desta obra unha auténtica delicia para os sentidos dun xeito delicado, amable e perfectamente adecuado ás necesidades sensoriais da primeira infancia.

Foi unha obra moi entretida, sensorial, espontánea e interactiva cunha decoración moi coidada. Un gran acerto o acercar o teatro aos nenos e nenas máis pequenos.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.