Vinte participantes da seo birdlife galicia con sede en pontevedra visitaron o centro de interpretación da lagoa de antela coa mensaxe “ xuntos por antela”

Vinte participantes da Seo Birdlif da sede galega en Pontevedra visitaron o pasado domingo 1 de febreiro o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela. Viñeron celebrar o Día dos Humidais e por en valor a recuperación da Lagoa de Antela.  Ademáis de visitar o Centro de Interpretación tiñan previsto facer unha visita de campo por diversas zonas da Lagoa de Antela (Pedra Alta, Veiga de Gomareite, Areeiras de Sandiás, etc), especialmente co interese posto na observación ornitolóxica.

A visita guiada na Casa da Lagoa  tivo unha duración de cáseque dúas horas. A visita guiada levouna a cabo Alex de los Ríos, guía especializado en historia con ampla experiencia didáctica e  tamén o coordinador galego da Seo Birdlife Gustavo Ferreiro.  A visita deu comezo co visionado de tres pezas audiovisuais sobre diversos aspectos do humidal natural da Lagoa o humidal artificial das Areeiras e o patrimonio etnográfico do Concello de Sandiás. A continuación percorremos varias salas da planta baixa e alta.

Fíxose referencia a Lagoa en xeral e as súas dimensións, análise de varias fotografías históricas, o uso das barcas e os proxectos de desecación. Tamén a xeografía mítica ( os espazos e habitantes imaxinarios da Lagoa de Antela. Fíxose rápida referencia a diversas lendas e contos como o referido a Cidade de Antioquía). Despois de breves referencias ao folclkore, a etnografía e as economías perdidas da lagoa (comercio de ras, samesugas, ovos, peixes), tratáronse aspectos de xeografía cultural aplicados a Lagoa de Antela, facendo unha reflexión xeral sobre toponimia.

 Na planta alta o coordinador galego da Seo Birdlife Gustavo Ferreiro repasou polo miudo aspectos diferentes da Lagoa de Antela referidos á cartografía e as figuras de protección.  Tamén fixo descrición detallada da riqueza ornitolóxica da antiga Lagoa de Antela destacando as aves acuáticas máis comúns e as que comezan a desaparecer de xeito progresivo o que implica que os  humidais están perdendo saúde e capacidade de acoller vida.

Moi satisfeitos quedamos na Casa da Lagoa e moitas grazas pola vosa visita e interese mostrado esperando que fose de proveito. Esperamos que veñades noutras ocasións con máis tempo, pois o que nos ten que contar a Lagoa de Antela da para moito máis.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?