Xa chegou o mes de Xullo e temos novo horario do Centro de Interpretación da Lagoa de Antela nos meses de Xullo, Agosto e Setembro de 2026. Acompañan nas visitas Alex de los Ríos e Pepe Gándara.
Opción 1 : individuais ou máximo de 20 persoas: Visita guiada a Exposición Permanente do Centro de Interpretación
– Prezo: 1 €/persoa. Horario: Todos os días de Martes a Domingo entre 16.00 h- 20.00 h
Opción 2 : Grupos superiores a 20 persoas.
–Visita guiada a Exposición Permanente do Centro de Interpretación. Prezo: 1 €/persoa. Horario: Todos os días de Martes a Domingo entre 16.00 h- 20.00 h
– Visita guíada Exposición Permanente Centro de Interpretación + Visita guiada “in situ” ás Areeiras de Sandiás*. Prezo: 2 €/persoa. Horario: A demanda chamando o teléfono 677 48 80 20.
*Visita guiada “in situ” Areeiras Sandiás: patrimonio xeolóxico ( proceso explotación cráteres e formación de charcas), patrimonio etnográfico (palafitos e arquitectura das casas de terróns) e visita observatorios ornitolóxicos (zona periférica de protección de Zona de Especial Protección para as Aves da Limia)
Si se precisa máis información contactar a través do Facebook do Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, chamando o teléfono do coordinador do centro (677488020) ou chamando o teléfono do concello: 988 46 50 01.
Para máis información: