Ao longo destas dúas lexislaturas, un dos obxectivos principais do Concello de Sandiás foi o de reducir ao mínimo a débeda e elevar o remanente de tesourería (aforro), para solventar a situación económica na que nos atopabamos e poder xestionar novos recursos para a veciñanza.
Nestes dous gráficos, amosamos a evolución do aforro e da débeda no Concello entre o ano 2014 e o 2020 incluídos.
Obsérvase o incremento do aforro dende o ano 2015 ata a actualidade, e tamén a diminución da débeda ata o presente, momento no que o Concello no ten pendente ningún tipo de préstamo.
Todo isto reflíctese en que o Concello de Sandiás cumpre co período medio de pago aos seus provedores.
Estos datos, que son para celebrar, son o que toda a veciñanza merece e polo que levamos traballando día tras día estes 6 últimos anos.
GRÁFICO 1: Evolución do remanente de tesourería do Concello de Sandiás tras a execución dos orzamentos dende o ano 2014 ao 2020, ambos incluídos.
GRÁFICO 2: Evolución do endebedamento do Concello de Sandiás dende o ano 2014 ao 2020, ambos incluídos.