A Reitoral de San Xoán de Piñeira de Arcos

A Casa Reitoral de San Xoán de Piñeira de Arcos é unha das tipoloxías tradicionais de vivenda rural, destinada á residencia do crego que atendía a parroquia.

A súa orixe sitúase entre os séculos XVII e XVIII, podendo observarse a data de 1790 en diferentes puntos do edificio. Trátase dunha das reitorais máis representativas da comarca da Limia, vinculada historicamente ás casas grandes e aos pazos.

HISTORIA

A Casa Reitoral de San Xoán de Piñeira de Arcos é unha das tipoloxías tradicionais de vivenda rural, destinada á residencia do crego que atendía a parroquia.

A súa orixe sitúase entre os séculos XVII e XVIII, podendo observarse a data de 1790 en diferentes puntos do edificio. Trátase dunha das reitorais máis representativas da comarca da Limia, vinculada historicamente ás casas grandes e aos pazos.

A reitoral configúrase como un conxunto arquitectónico de gran volume, construído principalmente en granito no exterior e madeira no interior.

  • Planta en forma de “U”
  • Edificio de planta baixa e primeiro andar
  • Acceso ao piso superior mediante escaleiras exteriores
  • Patio central como elemento organizador

Na planta baixa situábanse as dependencias de almacenaxe, mentres que no primeiro andar estaban as estancias domésticas: cociña, salón, dormitorios, despacho parroquial e arquivo.

Co paso do tempo, o edificio sufriu diversas modificacións, como a mestura de materiais ou a incorporación dun pórtico recente alleo ao estilo orixinal.

Tamén se conservan elementos singulares como un sartego no patio traseiro.

Na actualidade, debido aos cambios sociais e á diminución do número de cregos, a reitoral perdeu a súa función e atópase en estado de ruína total. A propiedade pertence á Igrexa.

Queres ler máis sobre a historia?

Nos anos noventa realizouse un inventario das casas reitorais de Galicia por parte da Consellería de Cultura e a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, e en 2008 púxose en marcha un plan para a súa recuperación, que quedou paralizado posteriormente.

Ademais, nesta reitoral pasou os seus últimos anos o crego D. Eladio Blanco Vila, figura recordada na tradición oral local.

FOTOS
UBICACIÓN
En que podemos axudar?

Contacta co Concello para comunicar os teus comentarios, dúbidas ou suxerencias.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.