A Vía Nova entra no concello de Sandiás polo SE de Vilariño das Poldras, por debaixo do pazo de O Penedo. No lugar coñecido polos veciños como O Campo da Lama onde hai un punto de reducción de milla e donde é ben visible o trazado da vía apreciándose un pequeno lombo nunha finca próxima, foron descubertos no ano 1995 en bo estado de conservación tres miliarios, dous deles anepígrafos e un relacionado cos emperadores Maximlino e Máximo. Marcaban a milla LXVII dende Braga.
Os camiños medievais non obedeceron a un plan xeral de camiños terrestres, senón a imperativos militares, repoboadores, de peregrinación ou expansión agraria, comercial e urbán. Atravesaban demarcacións administrativas a través dunha rede de xurisdiccions e coutos sometidos a réxime señorial ou reguengo: señoríos laicos (Conde de Monterrey), eclesiásticos seculares (Bispo de Ourense) eclesiásticos de abadengo (Xunqueira de Ambía, Melón) ou ordes militares (Encomenda de San Xoán).
Na Crónica da viaxe de Filipe o Hermoso e Xoana de Castela (1506), despois de falecida a raíña, e tomar o trono de Castela indícase que desembarcaron na Coruña pero o desexo de evitar o encontro con Fernando o Católico e o medo a atopar cerradas as saída a Galicia polas súas guarnicións, obrigaron os arquiduques a tomar o camiño cara Ourense para se dirixiren a Poboa de Sanabria (Remesal). Tiveron altercado en Vila de Rei con soldados alemáns que o arquiduque traía consigo.
Os camiños convertéronse nunha prioridade da política territorial borbónica dende a presenza no trono español de Felipe V pero na práctica pouco se fixo. As actividades bélicas reclamaron os recursos disponibles e non había reparto algún para obras públicas. En xeral temos no comezo de século a Guerra de Sucesión polo trono español que fixo que os camiños tiveran que soportan tropa e artillería en abundancia.
Queres ler máis sobre a historia do Camiño de Santiago?
Contacta co Concello para comunicar os teus comentarios, dúbidas ou suxerencias.