A técnica dos terróns consistía en modelar bloques de terra mesturada con raíces vexetais, que se deixaban secar ao sol para levantar muros resistentes. Estes materiais eran accesibles, illantes e adaptados ao clima húmido da zona. Utilizábanse en casas, pendellos e outros edificios vinculados ao traballo agrícola.
La técnica de los terrones consistía en moldear bloques de tierra mezclada con raíces vegetales, que se dejaban secar al sol para construir muros resistentes. Estos materiales eran accesibles, aislantes y adaptados al clima húmedo de la zona. Se usaban en casas, alpendres y otras edificaciones vinculadas al trabajo agrícola.
A construción con terróns nace dunha relación directa co medio natural: as zonas húmidas da Lagoa de Antela fornecían a terra, os xuncos e outros elementos vexetais necesarios. Este sistema de aproveitamento local mostra unha adaptación perfecta ao ecosistema.
Ademais de vivendas, os terróns empregábanse na construción de peches, cortes, almacéns ou muros de horta. Moitos deles aínda poden verse nas aldeas de Sandiás, testemuñas dunha maneira de construír baseada na proximidade e no respecto polo territorio.
Os principais vexetais utilizados eran o xunco, a palla e as raíces herbáceas das zonas húmidas. Estes elementos naturais proporcionaban cohesión á terra, favorecían a súa resistencia e estaban amplamente dispoñibles no contorno da Lagoa.
A construción con terróns era tamén un acto comunitario. En moitas aldeas, os veciños organizábanse en xornadas de traballo colectivo para facer os bloques, secalos ao sol e levantar os muros. Estes encontros reforzaban os lazos sociais e o sentimento de pertenza.
Contacta co Concello para comunicar os teus comentarios, dúbidas ou suxerencias.