CASA GRANDE CERREDELO
A Casa Grande de Vista Real, situada en Cerredelo (Couso de Limia), é unha edificación de arquitectura civil tradicional coñecida polos veciños como “a casa grande”. Na actualidade atópase moi transformada, xa que a construción orixinal foi modificada e ampliada sen control, quedando dividida en varias vivendas.
HISTORIA

O edificio, de planta baixa e un andar, estaba construído combinando cachotería e perpiaño. Na súa configuración orixinal presentaba unha planta en forma de “U”, cun amplo corredor no primeiro andar apoiado en columnas de pedra, das que aínda se conservan algúns elementos.

Destacan tamén elementos como portalóns alintelados, diferentes tipos de ocos (fiestras, portas de aire e bufardas) e dúas chemineas cadradas rematadas con pináculos. A cuberta presenta variedade de materiais, como tella romana e francesa.

Segundo testemuños, a casa contaba con escudos nobiliarios que foron vendidos no século pasado. No seu entorno, existía ademais unha capela dedicada a Santo Tomé, situada nun souto próximo vinculado á propiedade.

Queres ler máis sobre a historia?

FOTOS
UBICACIÓN
En que podemos axudar?

Contacta co Concello para comunicar os teus comentarios, dúbidas ou suxerencias.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.