CASA GRANDE DE SANTANA
“A casa grande é a vivenda rural en todo o seu desenvolvemento e procede directamente da vila romana. Como ela ten unha economía pechada, bástase a sí mesma e conta con caseiros, traballadores e criados”
HISTORIA

A Casa Grande de Santa Ana é unha construción civil da Idade Moderna vinculada á liñaxe dos Santana. Forma parte da arquitectura popular galega coñecida como casa grande, un modelo de vivenda rural autosuficiente que integraba residencia e dependencias agrícolas e gandeiras.
A actual edificación é resultado de diferentes ampliacións realizadas ao longo do tempo. Na lumieira da porta principal consérvase unha inscrición que indica a reforma realizada no ano 1790 por Don Tomás Santana y Arze.
A casa tivo tamén relevancia na vida social e política local. A comezos do século XX viviu nela o secretario do Concello de Sandiás, cuxos fillos ocuparon importantes cargos na vida municipal.

A edificación organízase arredor dun patio interior, ao que se accede por unha porta principal con escudo heráldico. Desde o patio accédese a un corredor mediante unha escada pétrea con pasamáns moldurado.
O conxunto construtivo está realizado en perpiaño e presenta diferentes tratamentos debido ás ampliacións realizadas ao longo do tempo. Entre os seus elementos destacan:
• Estrutura rectangular tradicional
• Cuberta a dúas augas con tella do país
• Cornixa pétrea na fachada norte
• Balcóns voados
• Antiga solaina substituída por galería metálica na fachada sur
A finca está pechada por un valado con gran portón de madeira, típico das casas grandes galegas.

Na entrada principal da casa consérvase unha inscrición na lumieira que di:
“AÑO DE MIL 790 / ESTA OBRA LA IZO EL SR DN TOMAS SANTANA I ARZE”.
Sobre o lintel sitúase un emblema heráldico formado por un castelo acompañado de dúas aguias, disposto nun tímpano de medio punto. Esta peza podería proceder da próxima torre de O Castro, o que indica a reutilización de elementos arquitectónicos.

Queres ler máis sobre a historia da Casa grande de Santana?

FONTES DE CONSULTA

FOTOS
UBICACIÓN
En que podemos axudar?

Contacta co Concello para comunicar os teus comentarios, dúbidas ou suxerencias.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.