Na vida de Sandiás, na antiga marxe noroeste do que foi a Lagoa de Antela, unha antiga casa de labranza acolle o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, coñecido como Casa da Lagoa.
O Concello de Sandiás puxo en marcha este espazo hai doce anos grazas a unha subvención do Programa Leader II Val da Limia, co obxectivo de dinamizar o rural mediante propostas culturais que fomenten o turismo, a economía local e o asentamento de poboación.
Aínda que a gran lagoa foi desecada no período franquista, actualmente existe un esforzo colectivo por recuperar a súa memoria a través da tradición oral, a etnografía e a investigación histórica, así como mediante iniciativas públicas e privadas de restauración ambiental.
O Centro de Interpretación actúa como un espazo de divulgación científica e cultural, recollendo o traballo de entidades como Patrimonio Natural, a Sociedade Galega de Historia Natural e o Proxecto Rexenera Limia, co fin de transmitir ás novas xeracións o valor ecolóxico, histórico e social da antiga Lagoa de Antela.
Queres ler máis sobre o Centro de Interpretación da Lagoa?
FONTES DE CONSULTA
Contacta co Concello para comunicar os teus comentarios, dúbidas ou suxerencias.