Igrexa de San Xoán de Piñeira
“A arquitectura da igrexa é moderna de finalis do XIX, concretamente de 1863, aínda que seguindo esquema rurais. Houbo unha antiga igrexa preexistente pero nos archivos non constan datos dela significativos.”
HISTORIA

En 1487, Xoán de Nóvoa foi patrón da Igrexa. Naceu perto de 1450 en Maceda (Ourense) e morreu en 1509. Fidalgo galego vinculado a casa dos Nóvoa de Maceda. En 1480 coa presenza en Galicia da Santa Hermandade, Real Audiencia e gobernadores enviados polos Reis Católicos producíndose segundo Zurita a “ doma e castración do Reino de Galiza”.

A fachada exterior preséntase enmarcada por dúas pilastras de escaso relieve. Na portada, as pilastras sosteñen un entaboamento  que destaca por un friso con triflifos e metatopas sin decoración. Trátase dun van adintelado. Enriba da porta está unha cartela, fiestra e fornela que na actualidade non alberga imaxe alguna. No remate da fachada estaba proxectada unha espadaña de máis dun corpo pero só se chegou a levantar un corpo de dous arcos xemelgos con machóns apilastrados.

O templo actual substitúe a outro máis antigo, do que apenas quedan datos. Anexouse unha capela á Nosa Señora do Rosario, fundada no século XVII polo abade Pedro Marra, quen deixou establecidas dúas misas semanais perpetuas.

E outro detalle…
En 1487, Xoán de Nóvoa, fidalgo galego e navegante ao servizo de Portugal, foi patrón desta igrexa. Participou en expedicións
atlánticas e descubriu as illas da Concepción e Santa Helena.

Queres ler máis sobre a historia da Igrexia de San Xoán?

FOTOS
360
UBICACIÓN
En que podemos axudar?

Contacta co Concello para comunicar os teus comentarios, dúbidas ou suxerencias.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.