IGREXA DE SANTA MARÍA DE COUSO
“Un tipo de igrexas románicas curiosas son as que conteñen portas formadas por arquivoltas de medio punto, carentes de tímpanos. Un bó exponente de este tipo de igrexas é a de Santa María de Couso de Limia (Sandiás) que contén unha ornamentación predominante de motivos de dentes de serra nas impostas e chambrana, mentres que nos capiteis locen motivos vexetais e algún zoomórfico.”
HISTORIA

O románico representa un dos estilos artísticos máis identificados coa historia constructiva da Limia. Prolifera na segunda metade do século XII e primeiras décadas do século XIII. En xeral son sinxelas construcción, de nave e ábsida única segundo a tónica xeral da arquitectura rural de cada momento histórico.

De época altomedieval e idade moderna (XVI-XVIII). Nela distínguense rápidamente dúas etapas constructivas: a máis antiga románica do século XII e a correspondente a idade moderna (século XVII). Prácticamente ao carón da igrexa atópase derruída a reitoral e preto un cruceiro.

A igrexa tivo que ser restaurada en varias ocasións. No século XIX, mesmo se tivo que contratar un mestre canteiro para reforzar os muros e evitar que se viñera abaixo.

E outro detalle…
Houbo algún contratista que cobrou por pintar os retablos… e desapareceu sen facer o traballo. O bispo puxo multa aos veciños, pero a igrexa seguiu adiante e hoxe conserva elementos únicos.

Queres ler máis sobre a historia da Igrexa de Santa María de Couso?

FOTOS
360
UBICACIÓN
En que podemos axudar?

Contacta co Concello para comunicar os teus comentarios, dúbidas ou suxerencias.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.