OS MILIARIOS (VIA NOVA)
«A Vía Nova entra no concello de Sandiás polo SE de Vilariño das Poldras, por debaixo do pazo de O Penedo. No lugar coñecido polos veciños como O Campo da Lama onde hai un punto de reducción de milla e donde é ben visible o trazado da vía apreciándose un pequeno lombo nun
ha finca próxima, foron descubertos no ano 1995 en bo estado de conservación tres miliarios, dous deles anepígrafos e un relacionado cos emperadores Maximlino e Máximo. Marcaban a milla LXVII dende Braga.»
HISTORIA

Este miliario atópase situado no Pazo do Penedo, no núcleo de Vilariño das Poldras, propiedade da familia Marquina. Está colocado de forma invertida e servindo de pedestal dunha estatua nun xardín do pazo. Foi descuberto polos autores da investigación La Vía Nova en a Lima. A súa ubicacón coincide case exactamente coa milla 67, polo que os autores pensan que debeu ocupar ese lugar.

Adicado a Galerio. Atopado no ano 1964 durante os movementos de terra realizados para a desecación da Lagoa de Antela, entre A Corga e Zadagós polo cal Colmenero e colaboradores indican que é atribuido a milla 70. Actualmente está depositado no Museo Arqueolóxico de Ourense.

No ano 1995 foron atopados por un veciño de Vilariño das Poldras (Sandiás), enterrados nunha das súas propiedades que posuía nun sitio denominado O campo da Lama, un grupo de tres miliarios. Encargábanse de marcar a milla LXVII dende Braga. Neste lugar é ben visible o trazado da Vía Nova ou Vía XVIII (calzada de Bracara a Asturica), apreciándose un pequeño lombo nunca finca próxima.

Na fotografía antiga onde aparece ese miliario, pódese observar que se atopa  a beira da Ponte das Poldras, metido na auga. Témolo  citado no século XVIII por Don Pedro González de Ulloa do seguinte xeito: «Otra columna esta arrimada a la misma puente (que llaman das  Poldras) esta sí que es columna miliar».   Estivo neste emprazamento ata que no ano 1962 os traballos de desecación da lagoa e da concentración parcelaria fixeron que se perdera.

Queres ler máis sobre a historia dos miliarios e da via nova romana?

FOTOS
UBICACIÓN
En que podemos axudar?

Contacta co Concello para comunicar os teus comentarios, dúbidas ou suxerencias.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?