Divísase a extensa chaira, que constitúe unha depresión tectónica (graven) enchida por sedimentos cuaternarios. Na conca sedimentaria sitúase a antiga Lagoa de Antela, un antigo humidal que foi desecado, deixando aos descuberto materiais areosos e arxilosos. A depresión da Limia, no sur da provincia de Ourense, rodeada por macizos montañosos como a Serra de San Mamede e a do Xurés, ten a configuración dunha meseta completamente plana, con cotas entre vos 615 e vos 620 m. sobre o nivel do mar.
En días despexados son visibles a Serra de San Mamede (Este-Noroeste) de 1618 m e cuxo levantamento comparte coa Serra de Queixa coa súa prolongación nos Montes do Talariño, onde nace o Río Limia, a Serra de Larouco que pecha a cubeta da Limia polo sur facendo fronteira natural con Portugal (1535 metros), o pico Nivosa (1546 metros) e os contrafortes da Baixa Limia. Compréndese a estrutura da conca, delimitada por fallas que provocaron o afundimento da zona central, creando un contraste entre a chaira baixa e as serras circundantes.
Desde o miradoiro obsérvanse as Areeiras de Sandiás, zonas onde se explotaron os depósitos areosos derivados da desintegración do granito, constituíndo un elemento de interese xeolóxico e patrimonial.
Xusto debaixo, na mesma aliñación que o Pico Costoira, verás o outeiro onde se asinta a torre do castelo do Castro. É un inselberg ou “monte illa”: un relevo residual que resistiu mellor a erosión que o terreo circundante da chaira.
Son relevos de transición, máis baixos que Larouco e que separan a conca da Limia da de Monterrrei (Verín).
Pechan a conca polo lado oposto ao Pico Costoira. Montes de altitude moderada que forman a bordo occidental da fosa tectónica.
O río discorre paralelo polo norte, sendo este un dos mellores puntos para observar a súa relación coa alta Limia.
O mosaico de cultivos característico da zona, que varía cromáticamente segundo as estacións do ano.
Queres ler máis sobre a historia?
FONTES DE CONSULTA
Contacta co Concello para comunicar os teus comentarios, dúbidas ou suxerencias.