A Molinera de Piñeira de Arcos

A Molinera de Piñera de Arcos é unha construcción de transformación pertencente a arquitectura civil e a idade contemporánea.

O edificio ten dúas partes ben diferenciadas. O corpo máis baixo está actualmente adicado a vivenda e o de maior altura conserva as máquinas empregadas para a transformación dos produtos. Neste caso a trituración do centeo e trigo para obter fariña. A construcción está realizada  en pedra de granito de boa labra con presenza de amplios vanos alintelados. A cuberta do edificio é a dúas augas e de tella francesa. A parte adicada a  molinera conservase  íntegra é en bo estado.

HISTORIA

O indixecto do consumo de cereais silvestres mastigados, debeu conducir fai xa moitos millóns de anos á preparación previa por trituración coa axuda de pedras, comezando por premer unha cóncava grande sobre unha máis pequena. Durante a revolución neolítica, xeneralizouse a trituración mediante a utilización dunha pedra en forma de rolo sobre unha pedra maior dotada de certa concavidade para acoller os grans. Neste período comezan a cultivarse, ademais do trigo e a cebada, a avea e o centeo.

 

Dende o derradeiro terzo do século XIX, o consumo de pan trigo medrara co abaratamento do trigo ruso e americano, coas melloras do transporte marítimo, e coa conexión ferroviaria que faría máis doada a importación das fariñoas de Castela. Nalgunhas vilas aparecerían entón as “panificadoras”, orientadas á elaboración de pan de trigo para os clientes urbanos máis podentes. Sendo a máis coñecida a de Vigo, non sería nin a primeira nin a única, pois sabemos de “La Molinera Gallega” (Vigo, da “Sociedad Compostelana de Molinería y Panificación” (Santiago), da “Panificadora coruñesa” (Coruña), da “Molinera A Mañanita” (Manzaneda) e tamén “La Molinera” en Ourense.

 

Queres ler máis?

FONTES DE CONSULTA

FOTOS
UBICACIÓN
En que podemos axudar?

Contacta co Concello para comunicar os teus comentarios, dúbidas ou suxerencias.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.