A zona da que estamos a falar está conformada por unha planicie de 600 m de altitude pechada e rodeada por un anfiteatro de outeiros. Ao Sur, as serras de Pena e Larouco; ao norte e oeste, A Portela, Alto de Allaríz, Penamá e Calvo. Na chaira, os montes de Baronzás e da Pena dividen a chaira en dous sectores, o septentrional (antíga Lagoa de Antela) e o meridional (nacemento do río Limia).
Ao longo da Idade Media a poboación escapa das terras máis baixas (chaira) e volta a concentrarse no primeiro anfiteatro pero tamén no segundo anfiteatro. Despois dos romanos, A Limia non se foi despoboando por efecto das razzias e saqueos de suevos, visigodos e árabes.
A pesares de que hai autores (Vicetto) que opinaban que Celme, Sandiás, Porqueira e Pena, formaban un cadro defensivo do Val da Limia, outros autores diverxen desta teoría. Hai quen pensa que había máis torres pero que non nos deixaron vestixios materiais. Sin embargo, as fontes documentais, arqueolóxicas e cronísticas ponas de manifesto. E a función defensiva non está tan clara en todas elas. O castelo de Sandiás pode catalogarse no prototipo de castelo en roquedo, de carácter eminentemente defensivo.
A construcción do castelo de Sandiás, a traizón da torre de Sandiás ou o tesouro do pozo do castelo de Sandiás, son algunhas das lendas sobre este monumento.
No pozo que hai xunto á torre, os veciños atoparon antigos recipientes cerámicos medievais… e hai quen cre que aínda agocha un tesouro encantado!
Queres ler máis sobre a historia da Torre do Castro?
FONTES DE CONSULTA
Contacta co Concello para comunicar os teus comentarios, dúbidas ou suxerencias.