O Concello de Sandiás informa de que as listas do censo electoral vixente estarán expostas ao público do 12 ao 19 de outubro de 2026, ambos os días incluídos, para a súa consulta individual e para a presentación de posibles reclamacións.
📍 A consulta poderá realizarse nas oficinas do Concello de Sandiás.
🪪 Para consultar o censo será necesario acreditar a identidade mediante algún destes documentos con fotografía:
• DNI
• Pasaporte
• Permiso de conducir
ℹ️ Recoméndase revisar os datos dentro do prazo establecido no caso de que sexa necesario presentar algunha reclamación.