Na comarca da Limia existiu ata fai unhas décadas a lagoa de Antela,unha das lagoas mais importantes da Península Ibérica, tanto pola súa extensión –arredor dos 42 Km cadrados – como pola súa riqueza: arqueolóxica, paisaxística, histórica, toponímica, etc., e a súa flora, fauna e folclore característicos. Un índice da súa importancia excepcional eran o miles de aves acuáticas que a utilizaban durante todo o ano. O proxecto de desecación iniciado no ano 1959 polo Instituto Nacional de Colonización provocou a súa destrucción e o emprego dos seus terreos para aproveitamento agrícola.
Acerca dela contábanse infinidade de lendas, entre as mais fermosas esta a da cidade de Antioquía, asolagada en castigo por idolatrar o galo. E a dos mosquitos cínifes que eran o rei Artús e os seus soldados que estaban enmeigados naquela veiga.
Partindo da lembranza da lagoa de Antela creouse un centro de interpretación da mesma onde se pretenden mostrar os cambios producidos dende a formación da antiga lagoa de Antela, a súa desecación, ata a actualidade ca recuperación das antigas areeiras, a través de:
Son uns centros formados por unha serie de equipamentos ou elementos técnicos dirixidos a ofrecer unha lectura do patrimonio, a comunicalo, a explotalo.
Dinamizar «in situ» uns recursos naturais, culturais, monumentais, que poden abarcar desde unha reserva natural ata un conxunto histórico ou incluso un territorio.
Exposicións permanentes e temporais, maquetas e reproduccións, montaxes audiovisuais, experiencias interactivas, sinalización e paneis informativos, talleres e actividades didácticas, publicacións (folletos…) etc.
O percorrido por eses cambios farase a través da integración dos seguintes recursos:
1) A lagoa de Antela.
Cambios entre o antes e o despois da desecación:
2) Recuperación das areeiras:
Recorrido dende a extracción da area ata o proceso de recuperación das areeiras abandonadas.
3) Outros recursos integrables:
Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.