Saúdo do Alcalde

A corporación municipal e, no seu nome o alcalde, dámoslle a benvida a esta páxina totalmente renovada tanto nos contidos como no seu deseño. Supón un esforzo grande por adaptar a administración local ás novas tecnoloxías e constitúe un reto para o Concello de Sandiás nun contexto de transformacións dixitais nas contornas do rural. Un reto para garantizar a protección dos datos dentro dun marco legal, crear unha imaxe corporativa, ofrecer unha información organizada, áxil e transparente e favorecer as relación fluídas entre o concello e a veciñanza no relativo a prestación de servizos básicos e a atención xeral da cidadanía.

Así mesmo, con esta nova páxina web queremos achegar mellor a información sobre o funcionamento do concello, servir de punto de referencia para todos aqueles que, dende a distancia, queiran saber máis de Sandiás, así como acercar aos veciños e visitantes referencias dos lugares de interese vinculados ao patrimonio e a cultura local así como a oferta lúdica e gastronómica.

Agardo que este novo sitio web sexa do agrado de todas as persoas que se acheguen e animo aos usuarios a que participen de xeito activo consultando, informándose das novas informativas e facéndonos chegar suxestións. Queremos que sexa unha xanela aberta á realidade e un espazo no que todos e todas teñamos espazo.

O Concello ten as portas físicas e virtuais abertas a todos e todas os veciños e veciñas e, por suposto, tamén a do alcalde que sempre seguirá estando disposto a recibir a todo o mundo.
Un cordial saúdo para tod@s.

Felipe Traveso García, Alcalde de Sandiás

Felipe Traveso García, Alcalde de Sandiás

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?