Coñece Sandiás

O noso Concello ten unha longa e curiosa historia que se remonta  á Idade de Pedra. A situación xeográfica do mesmo provocou que se constituise como o punto de comunicación entre a Meseta e o territorio galego, ademais de con Portugal. 

Orgullosos do noso, temos sempre as nosas portas físicas e virtuais abertas a toda a veciñanza e a todos os que nos visitan, para recibilos con toda a nosa hospitalidade e amosar todo o que o noso Concello ten para ofrecer.

O primeiro poboamento rexistrado nas terras do municipio corresponde co período prehistórico da Idade de Pedra, no que se ubican os poboados lacustres asentados na Lagoa de Antela, que empregaban palafitos como vivendas sobre a auga. Na Idade dos Metais, a poboación asentouse nos castros situados nos montes do Castro, moi próximos a Sandiás.

Durante a romanización, unha das vías romanas de maior relevancia no noroeste da Península Ibérica atravesaba o municipio. A Vía Nova ou a Vía XVIII del Itinerario de Antonino Augusto Caracalla unía as ciudades máis importantes de Hispania: Braga e Astorga.

No Concello, como pegada desta etapa histórica, quedan os miliarios de Vilariño das Poldras e de Zadagós, ambos adicados ao emperador Máximo no ano 238 d.C. Outra das mostras da romanización da Comarca da Limia é a canalización da Lagoa de Antela, a través dun desagüe principal e dunha red de pequenas canles, das que todavía se poden observar os restos.

No século XII, debido ás loitas fronteirizas entre Alfonso VII de Castela e León e Alfonso I de Portugal pola posesión do condado da Limia, construiuse o Castelo de Sandiás. Este castelo foi testemuña das batallas pola separación de Portugal, das loitas nobiliarias e do levantamento Irmandiño no século XV. A súa ubicación estratéxica permitíalle levar a cabo o control dos viaxeiros e de mercancías da Limia.

Na Idade Moderna, o municipio de Sandiás, como toda a Comarca da Limia, sufriu as loitas fronteirizas de España e Portugal. A finais do século XVII e no século XVIII, comenzou unha reconstrución e remodelación de pazos e casas grandes por parte da fidalguía.

Dende o século XIX, numerosos foron os proxectos que tiñan coma obxectivo de desecación da Lagoa de Antela. Os humedais eran descritos como focos de enfermidades e eran considerados como espacios improdutivos dende o punto de vista agrícola. No 1827, levouse a cabo o primeiro intento de desecación da Lagoa de Antela, encabezado por Don Juan Toubes, correxidor de Xinzo da Limia. A obra de drenaxe, que tivo financiación pública, resultou fallida e foi abandonada.

No 1848, o Ministerio de Comercio, Instrucción e Obras Públicas levou a cabo un recoñecemento da lagoa, co obxectivo de establecer un orzamento para desecala. A Administración intentou atraer a empresas particulares para conseguir que a obra do desagüe se financiase con capital privado. Dous anos máis tarde, Justo Pelayo Cuesta solicita os permisos para levar a cabo a desecación, apelando que a drenaxe da zona era unha tarea fácil e que se comprometía a asumir todos os costes. Tras varias irregularidades e incumprimento de prazos, o Consello Real retira da concesión a Pelayo Cuesta.

No 1854, preséntase un proxecto detallado e de gran argumentación, solicitado polos irmáns Mugártegui. Os seus argumentos coincidían cos de Toubes e Pelayo Cuesta, que describían a Lago de Antela coma un terreo que impedía o crecemento dunha das terras máis productivos de España.

Porén, a poboación local creou unha firme oposición fronte a iniciativa, xa que a lagoa era fundamental para desenvolver as súas labores de gandería, o principal sustento da maior parte das familias. Esta resistencia obrigou ao Concello a posicionarse a favor da comunidade local e en contra do proxecto dos irmás Mugártegui.

No ano 1868, a pesar das protestas dos veciños, o empresario Toribio Iscar Sáez obtén a concesión da obra da desecación, iniciando un proxecto empresarial conxunto cos irmás Mugártegui. A resistencia veciñal provocou que as obras foran paralizadas e que se abandoasen as labores de desagüe.

No 1874, as obras trasfírense a Jhon H. Stone e Richard Henry Freeman, de nacionalidade inglesa e que residían na cidade de Santiago. A obra realizada por Stone e Freeman sufriu o mesmo sino que todos os anteriores intentos. Finalmente, debido a presión da poboación e a caducidade da concesión, as obras de desecamento foron canceladas. No 1973 e no 1949 surxiron dous novos proxectos coa finalidade de desecar a lagoa, mais debido ás dificultades internas e de tramitación de concesión nunca se levaron a cabo.

No 1956, o Instituto Nacional de Colonización puxo en marcha a desecación da Lagoa de Antela, xustificados polos mesmos motivos que se aportaron no século anterior: obter novas terras de labor e eliminar un foco de enfermedades. O Réxime Franquista, amparado na lei Cambo, que promulgaba a desecación de lagoas, marismas e terreos pantanosos, promulgou unha lei de saneamento e desecación da Lagoa de Antela.

A obra dividiuse en tres fases. Na primeira delas, leváronse a cabo as obras de saneamento e desecación a través dunha canle de dous ramales, para drenar o espazo inundado. Na segunda, construiuse un sistema de regadío para facer chegar a auga ás terras desecadas. Por último, a terceira fase, consistiu na colonización dos novos terreos co obxectivo de que foran parcelados para a súa posta en cultivo. Esta obra de desecación supuxo, ademáis dunha transformación da fisionomía do territorio, un cambio nas condicións ambientais e faunísticas do lugar. 

As terras resultantes da desecación da lagoa non se dirixiron únicamente ao aproveitamento agrícola, senón que parte delas destináronse á explotación areneira. A extracción de áridos en Sandiás, onde se sitúan prácticamente a totalidade das explotación areneiras da Comarca da Limia, creou posteriormente pequeñas lagoas que, unha ver terminada a extracción, eran abandonadas. Por medio de procesos naturais, algunas delas recuperaron a riqueza biolóxica que décadas antes tiña a ladoa, provocando que estas pequeñas lagoas posúan un gran valor faunístico e botánico. 

Actualmente, as areneiras recupéranse cando cesan os traballos de extracción de área. Debido a que as beiras das pequeñas lagoas posúen unha forte pendiente, que impiden o asentamento de vexetación acuática, a restauración comeza co rebaixamento e adecuación desas beiras con maquinaria pesada. Grazas a estas tareas de revexetación conseguiuse recuperar unha parte da multitude de fauna e flora acuática que poseía a Lagoa de Antela antes da desecación.

Durante os últimos anos, o Concello levou a cabo numerosos proxectos de rehabilitación de diversas áreas do municipio. Actualmente, a Xunta de Galicia iniciou o proceso de licitación para restaurar o complexo medieval defensivo da Torre do Castro, declarado Ben de Interese Cultural (BIC). O organismo vai invertir 80000 euros en correxir as deficiencias e mellorar o estado de conservación do monumento, co obxectivo de que se poida empregar como recurso para o desenvolvemento sostible e a promoción socio-cultural, laboral e económica da zona.

O Concello de Sandiás sitúase no sueste da provincia de Ourense. O municipio forma parte da Comarca da Limia, unha das depresións máis longas do territorio galego, flanqueada por unha serie de montañas cunha altura que oscila entre os 800 e 1450 metros.

Sandiás posue unha superficie de 53 kilometros cadrados e ocupa, en gran parte, a terra da desecada Lagoa de Antela, unha das máis importantes da Península Ibérica. Na actualidade, o municipio conta cunha poboación de 1206 persoas, distribuida en 18 núcleos de poboación que se agrupan en tres parroquias: Couso de Limia, Piñeira de Arcos e Sandiás.

A Lagoa de Antela foi un dos humedais máis importantes do territorio español ata a súa desaparición a finais dos anos 50, durante a ditadura franquista. Contaba cunha superficie de 3600 hectáreas, e ocupaba os municipios dos actuais Xinzo da Limia, Sarreaus, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía, Sandiás, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga e Porqueira. A lagoa era unha zona cun importante nivel ecolóxico, na que convivían varios ecosistemas que albergaban fauna e flora autóctonas.

As principais vías de comunicación son a estrada nacional N-525, que comunica Benavente (Zamora) e Santiago de Compostela (Galicia), e a autovía A-52, que conecta as provincias de Pontevedra, Ourense e Zamora coa autovía A-6, con orixe en Madrid.

O municipio atópase a 33 kilómetros da cidade de Ourense, a capital da provincia.

Sandiás é un municipio que se caracteriza por ser esencialmente agrícola, coa pataca e o cereal coma principais cultivos. Ademais, prodúcese unha clara contraposición entre a parte noroccidental, montañosa, adicada á produción forestal, e as terras chás, adicadas a cultivos agrícolas. O Concello de Sandiás e o de Xinzo da Limia conforman o 88% do total da superficie comarcal adicada ao cultivo da pataca a título principal. Ditas explotación teñen maior tamaño que as habituais en Galicia, debido as grandes parcelas produto do desecamento da Lagoa de Antela e a concentración parcelaria posterior.

Dende a década dos anos 70, desenvolveuse unha intensa actividade industrial extractiva de área na zona da canle principal da Lagoa de Antela. Na actualidade, na Comarca da Limia traballan 6 empresas de extracción areneira a ceo aberto, localizadas principalmente nos concellos de Sandiás, Vilar de Santos e Porqueira. Estímase unha produción anual que oscila entre 500000 e 750000 toneladas de area, que ofrece emprego directo a máis de 30 traballadores e crea máis de 200 prazas de traballo indirectos.

O 60% da poboación activa do municipio traballa para o sector servizos, mentres que o sector agrícola e o industrial concentran prácticamente a mesma proporción, o 16% da poboación. Cabe destacar que, aínda que a maior parte dos habitantes adícanse ao sector económico servizos, esta actividade non se desenvolve no propio municipio, senón que os traballadores se desplazar á capital provincial ou a concellos cercanos para desenvolver dita actividade laboral.

Durante as últimas décadas, o medio rural sufriu unha gran transformación social e económica provocada pola migración da poboación dende as áreas rurais hacia os centros urbanos. É por isto que un dos principais retos do municipio de Sandiás é a diminución demográfica e o envellecemento da poboación.

A incidencia da poboación superior aos 65 anos é moi elevada en toda a Comunidade Autónoma de Galicia. Pero dita cifra elévase considerablemente na provincia de Ourense e, concretamente, no municipio de Sandiás, que posúe unha idade media da poboación superior aos 55 anos.

Segundo o IGE, no ano 2018, o 40% da poboación do Concello de Sandiás é maior de 65 anos, mentres que soamente o 7% é menor de 15 anos. Ademais, obsérvase un decrecemento vexetativo de -30, que reflicte a pronunciada diferenza entre o número de defuncións e de nacementos do municipio.

Este concello conta na actualidade cunha poboación de 1.195 habitantes (IGE, Padrón de habitantes ano 2020) distribuída  en 18 núcleos de poboación que se agrupan en tres parroquias: Couso de Limia, Piñeira de Arcos e Sandiás.

Parroquia

Poboación (2020)

Superficie (Km2)

Nº de núcleos

Núcleos

Couso de Limia (Santa María)

410

17,56

3

Couso de Limia, Cerredelo, Vilariño das Poldras

Piñeira de Arcos (San Xoán)

375

16,64

9

Piñeira de Arcos, Arcos, A Chousela, A Corga, A Fontela,  A Ladeira, A Lavandeira, Novaiño, Zadagós

Sandiás

(Santo Estevo)

410

18,60

6

Sandiás, As Pegas, Coalloso, Cardeita, Santa Ana, O Castro

Total

1195

52,80

18

 

Cabe destacar que o clima de Sandiás caracterízase por un tipo de temperatura seca, cunha precipitación anual entre 800 mm. e 1000 mm. A tempada temperada dura 2,8 meses, do 22 de xuño ao 15 de setembro, e a temperatura máxima promedio supera os 24ºC. A tempada máis fría dura 3,6 meses, do 14 de novembro ao 1 de marzo, cunha temperatura máxima promedio inferior a 12ºC.

Sandiás en 360º
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?