🤝 Baixo o lema “Pequenos xestos, grandes axudas”, o Concello de Sandiás organiza unha nova campaña solidaria de recollida de alimentos e produtos de primeira necesidade para que entre todos e todas fagamos un Nadal máis solidario. ✨🎁
📅 Cando?
🗓️ Do 16 de novembro ao 21 de decembro de 2026.
🛒 Que se pode doar?
🥫 Alimentos non perecedoiros: aceite, conservas, pastas, arroces…
🍼 Alimentos infantís: potitos, leite e outros produtos necesarios.
🧴 Produtos de aseo persoal e hixiénicos.
🧹 Produtos de limpeza.
🍬 Doces de Nadal.
📍 PUNTOS DE RECOLLIDA
🔹 Sandiás
🏛️ Casa do Concello, de 9:00 a 14:00 h, de luns a venres.
🛒 Supermercado de Sandiás, en horario de apertura.
👶 Punto de Atención á Infancia (PAI).
🏫 CEIP de Sandiás.
🔹 Piñeira de Arcos
📍 Bar O Cruce.
🔹 Couso de Limia
📍 Bar As Fontes, en horario de apertura.
🔹 Zadagós
📍 Centro Orixe (Orixe Adiccións).
💚 Cada achega conta! Un pequeno xesto pode converterse nunha gran axuda para as persoas e familias que máis o necesitan. Entre todos podemos contribuír a que estas datas sexan un pouco máis especiais para todos. 🎄✨
🙏 Grazas de corazón pola vosa colaboración e solidariedade!
🏛️ Organiza: Concello de Sandiás.
🚒 Colabora: Protección Civil do Concello de Sandiás.
❤️🎅 Este Nadal, comparte solidariedade!