O venres 13, no PAI, vivimos unha xornada moi especial para celebrar o Magosto 2026, unha festa chea de tradición, convivencia e aprendizaxe.
Pequenos e maiores compartimos un día no que as tradicións se viven, se experimentan e se transmiten de xeración en xeración. Acompañados polas profes do PAI e por Benigno, do Concello, os nenos e nenas puideron descubrir que aprender tamén significa xogar, compartir, traballar en equipo e gozar xuntos.
A xornada estivo chea de actividades: xogos de fútbol, carreiras de motos, bicicletas e coches, inchable e, por suposto, moita música e diversión.
Foi tamén unha oportunidade para fortalecer os vínculos entre as familias, os pequenos e a escola, creando momentos de convivencia que quedan na memoria e que axudan a medrar en comunidade. E para repoñer forzas, non faltou unha deliciosa merendola de Magosto, con produtos que nos conectan coa nosa gastronomía e coas tradicións da nosa terra: empanada, boliños preñados, compota de mazá, chouriciños doces, galletas de castaña, bica e chocolate.
Porque dende pequeniños aprendemos a coñecer, valorar e conservar a nosa cultura. E facelo en familia, xogando e compartindo, fai que esa aprendizaxe sexa aínda máis especial.
Grazas a todas as persoas que fixeron posible esta fermosa xornada de tradición, aprendizaxe, convivencia e diversión.
Que nunca se perdan as tradicións que nos unen!
Feliz Magosto 2026!