Protección Civil atende un aviso pola suposta presenza de cinco cans perigosos na aldea de Cerredelo

Protección Civil de Sandiás e unha patrulla da Garda Civil acudiron á aldea de Cerredelo tras recibir un aviso do 112 que alertaba da suposta presenza de cinco cans de raza potencialmente perigosa na zona.

Ao chegar ao lugar, os efectivos desprazados non puideron corroborar a existencia dos animais nin atoparon ningún rastro que indicase a súa presenza. Os axentes e os membros de Protección Civil realizaron tamén varias preguntas entre os veciños da aldea, sen obter información que permitise confirmar o aviso.

Finalmente, tras comprobar a zona e ante a ausencia de indicios sobre a presenza dos cans, a intervención rematou sen que se rexistrasen incidencias.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.