📢 O Concello de Sandiás conmemora o 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, cunha nova edición das Xornadas pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero.
🟣 Durante varios días haberá actividades de sensibilización, educación e reflexión dirixidas a nenos e nenas, adolescentes e adultos, co obxectivo de fomentar a igualdade e contribuír entre todas e todos á construción dunha sociedade máis igualitaria e libre de violencias.
📍 As actividades desenvolveranse na Casa da Cultura e no PAI de Sandiás, en horario de mañá.
📅 PROGRAMA DE ACTIVIDADES
🔹 16 DE NOVEMBRO
| LUNS📍 Casa da Cultura de Sandiás
🕚 11:00 – 12:30 h🎓 Obradoiro de prevención das violencias, a cargo do CIM Móbil (Centro de Información á Muller Móbil da Xunta de Galicia).
🔹 23 DE NOVEMBRO | LUNS📍 PAI de Sandiás
🕧 10.30 h-11.20 h📖 Contacontos pola igualdade: O príncipe das mil cores. Organizado pola Furgoteca
🔹 24 DE NOVEMBRO | MARTES📍 Casa da Cultura de Sandiás
🕧 12:30 h📖 Lectura pública da Declaración Institucional con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
🎭 12:35 – 13:15 h🖼️ Teatro: “Inventoras con mentes curiosas”, da compañía A Xanela do Maxín. Ceip de Sandiás e aberto a todos os públicos.
💜 13:15 h📌 Entrega de chapas como símbolo de loita contra a violencia de xénero.
📸 13:15 – 13:30 h💜
PHOTOCALL POLA IGUALDADE
Co fondo do mural pintado no Concello, nas escaleiras situadas ao carón do Polideportivo, quen queira poderá facerse unha fotografía, individualmente ou en grupo, como xesto simbólico contra a violencia de xénero e a favor dun mundo máis igualitario.
🔹 25 DE NOVEMBRO | MÉRCORES📍 PAI de Sandiás
🕧 10.30 h📖 Obradoiro: Todas as cores son para todos. Pintemos xuntos e xuntas un mundo de igualdade
📸 Anímate a participar e a deixar o teu xesto pola igualdade! 💜
💜 Porque a igualdade constrúese entre todas e todos.
🤝 Sandiás di NON á violencia de xénero e SI á igualdade.
#25N #Sandiás #Igualdade #NonÁViolenciaDeXénero #SandiásPolaIgualdade