As mentes curiosas das grandes inventoras silenciadas e invisibilizadas tomaron protagonismo en Sandiás

A Casa da Cultura de Sandiás acolleu o pasado 24 de novembro a actividade “Inventoras con mentes curiosas”, unha proposta enmarcada nos actos do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que puxo o foco no papel das mulleres na ciencia, na innovación e na historia.

 

A actividade permitiu descubrir as historias de grandes inventoras que, malia o seu talento e creatividade, foron durante anos silenciadas, invisibilizadas ou quedaron fóra dos libros de historia. A iniciativa buscou recuperar as súas voces, recoñecer as súas achegas e reivindicar o lugar que lles corresponde.

 

Ao longo da proposta tamén se abordaron as numerosas barreiras sociais, culturais e machistas ás que estas mulleres tiveron que facer fronte para desenvolver o seu enxeño e abrir camiños para as xeracións futuras. “Inventoras con mentes curiosas” pretendeu, así, espertar a curiosidade e fomentar o interese pola ciencia, ao tempo que reivindicaba o papel das mulleres no progreso científico e tecnolóxico. A actividade incidiu tamén na importancia de combater o esquecemento histórico, entendido como outra forma de invisibilización das achegas das mulleres.

 

A iniciativa integrouse na programación do 25N na que se fixo lectura dun manifesto pola concelleira María José Manso, apostando pola educación, a igualdade e a recuperación da memoria feminina como ferramentas para construír unha sociedade máis xusta e igualitaria.

A través do coñecemento das mulleres que fixeron historia, a actividade lembroulle as nenas e nenos do concello que o talento non ten xénero e que recoñecer as súas achegas tamén contribuía a construír un futuro con máis igualdade. Os participantes tamén recibiron Unha chapa co lema “Nin unha menos” facendo memoria dun dos murais contra a violencia de xénero nas gradas do polideportivo.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.