Pintamos xuntos un mundo de igualdade no PAI de Sandiás

Pintamos xuntos un mundo de igualdade no PAI de Sandiás

O pasado 25 de novembro, con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, as nenas e nenos do PAI  participaron nunha actividade moi especial baixo o lema “Todas as cores son para todos”.

A proposta, realizada coa colaboración do artista plástico Xosé Eladio, convidou ás familias do Punto de Atención Infantil a compartir cos máis pequenos e pequenas unha xornada de pintura, creatividade e diversión. A actividade tivo lugar ás 10:30 horas no PAI Concello de Sandiás.

A través das cores e da pintura, os nenos e nenas puideron expresar a súa creatividade e, ao mesmo tempo, reflexionar sobre a importancia da igualdade, o respecto e a liberdade de ser.

Durante a xornada, as familias e o alumnado pintaron xuntos un mundo de igualdade, nun ambiente cheo de cores, ilusión e participación. A actividade buscou transmitir desde a infancia que todas as cores, os xogos e as oportunidades son para todos e todas. Con iniciativas coma esta, o centro continúa fomentando valores de convivencia e igualdade desde os primeiros anos, lembrando que a igualdade tamén se constrúe desde pequenos e pequenas. E terminaron todos xuntos disfrutando dunha boa merenda.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.