«Caxoto», un contador de contos ambientais e un alegato polo coidado do noso mundo local e mundial da man dos seus amigos o cangrexo, a caracol e o moucho

Narración natural, fluída, expontánea e imaxinativa de contos, neste caso, espléndidamente representada para os máis cativos.

Caxoto” fixo oposicións a barrendeiro municipal pero nos seus ratos libres, adicábase a ler contos na biblioteca do colexio que limpaba. Así se fixo “contacontos”. Un día, observando como os ecosistemas estaban sufrindo unha verdadeira devastación, decide aportar o seu grao de area no coidado do que durante unha gran parte da súa vida foi a súa casa.

Miña terra, meu lar” é un alegato cara o coidado do noso, partindo dun enfoque local (a aldea) e viaxando cara unha perspectiva global (o mundo).

Da man de tres amigos, o cangrexo, un caracol e un moucho, sacados dun conto da súa avoa, que lle contaba que a auga dun río pasaba paseniña ata un meandro moi grande onde lle prestaba estar os animais neste remanso do río, Caxoto vai repasando os grandes problemas medio-ambientais que temos hoxe as persoas nas aldeas e no mundo: o ciclo da auga, os ruidos, o quentamento global, a aspiración as riquezas e o lixo e a regra dos tres “R”, tratados dende unha perspectiva lúdica e didáctica.

Co seu amigo o cangrexo moi zoupón e torpe e que tiña o soño de que todo fose auga, narra o problema coa auga. Brais ,o protagonista da historia, ao cepillarse os dentes, deixou aberta a billa da auga ata inundarse todo o mundo, desperdiciando a auga. Tan solo o 1% da auga do mundo é doce.

Co seu amigo o caracol que tiña aspiracións a ter a casa máis grande do mundo nun repolo, narra o problema da desvastación dos ecosistemas.

Mentras os demáis viaxaban, comían o que querían, él tiña que quedarse na casa porque era moi grande e non podía con ela.

Co seu amigo o moucho que tiña aspiracións a levar uha vida tranquila e poder durmir, resulta que todo o seu redor estaba cheo de ruídos: o zumbar das abellas, o croar das rás, o choro dos nenos pequenos, o trotar dos cabalos e os saltos das pugas e piollos.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?