Actividades Culturais

O Concello de Sandiás é o promotor e o sostén de varias iniciativas culturais que levan anos dando formación aos veciños e veciñas do noso concello.

Que actividades se realizan?

Conscientes da necesaria formación musical, o Concello de Sandiás, en colaboración co CEIP de Sandiás decidiu promover unha campaña para mellorar a cultura e habilidades musicais. O alumnado do colexio consistía na correa de transmisión, xa que levarían ao seu arredor a influencia cultural que se pretendía.

Creouse entón un grupo instrumental de corda que comeza a súa andadura en febreiro de 1993 coa adquisición dun órgano por parte do Concello de Sandiás e a chegada ó colexio dun profesor coa especialidade de música que desinteresadamente ocupa o seu tempo, fóra do horario escolar para os ensaios. Os alumnos que formaron o primeiro grupo instrumental eran os nenos e as nenas de 3º,4º e 5º.

En decembro de 1994 fan a súa primeira presentación en público cun auditorio importante, así como numerosas autoridades locais e provinciais. Na actualidade a Rondalla está formada por aqueles alumnos iniciais (hoxe antigos alumnos do centro) e as novas xeracións que ano tras ano se van agregando ó grupo orixinal.

As actuacións nestes últimos anos foron varias é en distintos lugares da nosa xeografía, intervindo en numerosos concursos e festivais (Festival de Corais do Teatro Principal de Ourense, etc.) con óptimos resultados.

Está formado por un grupo de mulleres de tódalas parroquias do concello de diferentes idades. Os ensaios realízanse cun profesor de canto, un día á semana pola tarde nas instalacións do CEIP de Sandiás. Normalmente cantan na misa do domingo na parroquia de Sandiás, así como en actos culturais, como no Día das Letras Galegas. Participaron tamén no V Centenario da Igrexa de Santo Estevo da Parroquia de Sandiás.

Programa de actividades socioculturais

Trátase dunha programación cultural que organiza de xeito integrado e sistemático actividades socio-culturais, en senso amplo, en torno as estacións do ano (Outono, Inverno, Primaveira e Verán). 

Algunhas das actividades xenéranse dende o Concello e outras en colaboración con institución públicas oficiais (como a Xunta de Galicia) e privadas.

Algunhas das actividades desenvólvense nun tempo amplo (Obradoiro de Pintura, Restauración e Mantemento, Obradoiro de Ximnasia de Mantemento, Obradoiro de Baile Latino, Exposicións sobre a Lagoa de Antela, Exposicións de Pintura e Arte, Campamento de Verán, Xornadas de Formación sobre Igualdade, Semán do Medio Ambiente, etc).

Outras actividades teñen unha temporalidade máis curta (Magosto Popular, Andaina e Trail, Teatro, Sesións de Maxia, Actuacións de Grupos Musicais, Charlas e Conferencias sobre temas de interese diverso).

Desenvólvense, segundo a natureza das actividades, na Casa da Cultura do Concello, no Local Social, no polideportivo do CEIP de Sandiás e tamén no Centro de Interpretación da Lagoa de Antela.

O obradoiro de Pintura e Restauración está coordinado por Manola Traveso. Desenvólvese na casa da Cultura do Concello ao longo de todo o ano. Aprender a pintar e restaurar mobles e obxectos deteriorados son dos dos seus obxectivos. Posteriormente faise unha exposición cos cadros de pintura e os obxectos restaurados.

Lévase a cabo nos meses de Xulio, Agosto e Setembro. O Concello colabora na realización do campamento que ten dúas finalidades principais: unha pedagoxía do ocio activo e saudable no tempo libre e axudar na conciliación familiar nos meses do verán.

Desenvólvese dende hai dous anos en torno ao 5 de Xunio, día Mundial do Medio Ambiente. Ten como obxectivo mentalizar sobre o negativo que é para o planeta a basuraleza nos ríos, no monte e nos entornos urbanos do rural. Desenvólvense dúas acción e seguindo o lema “pensando globalmente e actuando localmente”: unha xeral para recoller os vertidos de lixo significativos na contorna do concello e outra específica recollendo os plásticos nun pobo determinado. Tamén se recordan os puntos limpos existentes na Comarca da Limia. Colaboran veciños e veciñas voluntarios e personal do Concello de Sandiás.

É unha das actividades máis tradicionais e populares no Concello de Sandiás que se celebra en torno á primera semana de Novembro. Asisten aproximadamente medio millar de veciños e veciñas do concello, nenos, novos e vellos. A organización do concello emprégase a fondo coa axuda de moitos voluntarios. Trátase dun acto comunitario donde se implican, dende os membros da corporación ata os veciños.

Axudar a asar, preparar as mesas, repartir viño, empanada, carne, facer a queimada son, entre outras, as actividades que se veñen realizando. Culmina a festa popular con bailes amenizados por unha orquesta. Tamén hai cochonetas para os máis cativos.

Actividade popular onde concorre moita xente do concello, comarca e ata de outras provincias. A actividade xunta unha proposta de andaina saudable e de corta distancia cun trail máis competitivo polos montes de Sandiás, seguindo unha ruta prestablecida.

A actividade desenvólvese en torno a primera semana do mes de Xulio.

Actividades formativas que se propoñen ao longo do ano con diferentes formatos, como cursos, ponencias e mesas redondas. 

As relacionadas coa saúde están organizadas pola Escola de Saúde da Limia e as de igualdade polo Ministerio do Goberno Central.

Diferentes talleres de Ximnasia e baile latino ao longo da semana. Poden ser grupos diferentes. Pártese sempre de rutinas básicas e simples.

Esta exposición permanente está no Centro de Interpretación da Lagoa de Antela. Pódese acudir según demanda chamando a Casa do Concello. Nos meses de Xullo, Agosto e Setembro, a Casa da Lagoa, ten un guía oficial que explica de xeito sistemático e didáctico todo o relativo ao complexo húmido Limia-Atea e as Areeiras de Sandiás.

O concello celebrou a II Xornada de Micoloxía, animada polo guía oficial José Luis da “Asociación Xuntanza Micólogos Os Cogordos”, de Ourense. A xornada ten tres tempos: un tempo de recolección no bosque, un tempo de preparación, cociña e proba e un tercer tempo de obradoiro para coñecer e identificar cientificamente as diferentes especies.

Ao longo do ano, na Casa da Cultura, desenvólvense exposición de variada naturaleza. Houbo exposicións de pintores profesionais, de aprendices. Houbo exposicións etnográficas de traballos do campo, etc.

As visitas guiadas xorden en torno ao proxecto de promoción e posta en valor do patrimonio do Concello de Sandiás. En concreto, hai que destacar os programas de visitas guiadas ao Pazo do Telleiro (Couso de Limia) e o programa de visitas guiadas a Igrexa de Santo Estevo, polo V Centenario da construcción da Igrexa.

Oferta de baloncesto organizada por Salva Arco e o seu equipo de traballo. O Concello de Sandiás benefíciase desta oferta con actividades en varias das súas aldeas. Así mesmo, os participantes, teñen a sede base nas instalacións do CEIP de Sandiás.

Trátase dun conxunto de actividades que se organizan ao longo do ano, especialmente na temporada do verán. Dirixidas ao público infantil, adolescente e adulto. Pódense levar a cabo en exteriores (Torre do Castro, Polideportivo) como en interiores (Casa da Cultura).

As actuacións cumpren con todas as medidas preventivas Covid19: aforos limitados, inscrición previa, espazos sempre abertos, xel desinfectante, máscara obrigatoria e distancia social. Actividades tan senlleiras e de gran asistencia de público como a Andaina e Trail tiveron que suprimirse este ano 2020 para preservar a saúde das persoas.

No “Verán Cultural 2020” participaron aproximadamente unhas 520 persoas, veciños e veciñas do Concello, dos concellos limítrofes e tamén de outras zonas de España e do extranxeiro. As actividades máis concurridas foron as visitas a Casa da Lagoa, a Maxia na Torre do Castro e a Visita Guiada ao Pazo do Telleiro, con máis dun cento de persoas en cada unha delas.

En que podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?