Nos últimos anos produciuse un auténtico rexurdir da actividade ecuestre, ó que non é allea a nosa provincia, que pasou dun censo de cabalos moi cativo ós preto de 2.000 que hai na actualidade. Día a día aumenta a demanda de cabalos, instalacións, profesionais… E os afeccionados son máis esixentes na medida en que van estando mellor formados.
A Deputación de Ourense contribuíu á dinamización e modernización do sector, creando infraestructuras e servicios no noso concello que fai pouco non existían ou eran insuficientes para a demanda que teñen.
As actuacións que se están a levar a cabo por parte da Deputación de Ourense céntranse en tres aspectos:
Nos seus boxes alóxanse as eguas. Está dotado con:
O seu obxectivo é presta-los seguintes servicios:
O centro debe se-la base operativa do programa de cría integrado que se está a levar a cabo. Este innovador programa está baseado nun acordo de colaboración entre os criadores da provincia e o centro, polo que este lle presta ó criador tódolos servicios que demande (cubrición de eguas, asesoramento en alimentación e programas sanitarios, subvención de seguros…), e, sobre todo, asegura a compra do poldro ó destete, por un prezo de taxación.
Iniciouse o programa con eguas de raza Puro Sangue Inglés, pola súa precocidade (compiten xa con dous anos) e as características da súa comercialización (a venda dos poldros realízase con só 18 meses), que evita a acumulación de varias poldradas, os gastos en doma e, sobre todo, permite facer unhas previsións, en canto a datas de venda, entrada dos novos poldros, etc.
Tamén situado no predio da lagoa de Antela no concello de Sandiás. Desde setembro de 2002 atópase xa operativa a pista de velocidade, de 1500 metros de longo por 20 de ancho. Nela realizáronse xa catro xornadas de carreiras, nas que se comprobou o seu excelente comportamento. Por dimensións e calidade pódese comparar coas mellores de España.
Dispón dunha ampla bancada para público, con vestiarios e outros servicios, así como un picadeiro cuberto con pista de dimensións olímpicas.
Ademais da celebración das carreiras, o obxectivo principal do centro debe se-lo adestramento de cabalos de aptitude deportiva, en tódalas modalidades de competición. A oferta de instalacións deste tipo é hoxe practicamente inexistente en Galicia, e a situación de Antela (boas comunicacións e proximidade ó resto de España) é privilexiada para cabalos e profesionais que continuamente se desprazan a competicións de nivel nacional.
FALTA HORARIO ATENCIÓN
Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Nunc porttitor ultrices malesuada.