Etapa histórica: Idade Media
Lugar: O Castro, Sandiás
A Torre do Castro forma parte dun conxunto de fortificacións que protexían a Comarca da Limia, co obxectivo de previr ataques invasores.
A edificación sitúase nun lugar de ampla visibilidade nun outeiro rochoso. A súa orixe é descoñecida, mais todos os autores ubican a súa construcción nas loitas fronteirizas do século XII.
No 1348 foi propiedade de Fernández de Biedma, e foi vítima dun ataque no 1386 polo duque de Lancaster. No 1441, a propiedade pertencía a Francisco Álvarez, o asesor do bispo de Ourense, e pouco despois atopámola en mans da familia Pimentel, en 1448.
Na revolución Irmandiña, a torre foi derruida e máis tarde tivo lugar a súa reconstrucción. Seguidamente, voltou sufrir un novo ataque por parte do conde de Camiña, Pedro Álvarez de Soutomaior. Ao longo dos séculos XVII e XVIII pasou por diferentes mans: Maceda, Benvente e Monterrei. Foi un enclave destacado nas loitas con Portugal, e tamén se empregou na Guerra da Sucesión española.
Non hai constancia de cando perdeu as partes que lle faltan do seu revestimento pero seguramente foi a través da depredación do seu material para a construcción doutros edificios cercanos.