16 participantes no programa universitario para maiores de 50 anos que se desenvolve en Xinzo visitan o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela e as areeiras de Sandiás

A Universidade de Santiago de Compostela desenvolve na capital da Limia: Camiños de coñecemento e experiencia. O último sábado do mes, o 29 de abril, dedicouse a abordar aspectos vinculados a biodiversidade e a conservación do medio natural e, ademais da fase teórica incorpora unha visita guiada práctica ao Centro de Interpretación da Lagoa de Antela (Sandiás) e as Areeiras de Sandiás cos participantes. Acompañan ao grupo Alfonso da área de cultura do Concello de Xinzo e os profesores e profesoras Teresa Rodríguez, profesora da Facultade de Veterinaria da USC no campus de Lugo, e Emilio Carral Vilariño, docente na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría.

A visita guiada na Casa da Lagoa foi intensa e tivo unha duración de preto de dúas horas. Tras o visionado de tres curtos audiovisuais como contexto, pasouse revista a 30 exemplos de biodiversidade disminuida e extinta na Lagoa de Antela e nas Areeiras de Sandiás tanto no que respecta a flora como a fauna. Así mesmo, pasouse revista detalla a proxectos de restauración e conservación como os levados a cabo na Lagoa de Antela pola Sociedade Galega de Historia Natural (Humidal Antonio Vilariño, Veiga de Gomareite) e nas Areeiras de Sandiás (Poza das Conícoras e Poza dos Arieiros). Tamén se pasaron revista os proxectos de recuperación de Charcas Areeiras por parte do Life Rexenera Limia en os primeros que se levaron a cabo nas Areeiras de Sandiás por parte de Patrimonio Natural no marco de actuación da Xunta de Galicia.

A segunda parte da visita guiada tivo un enfoque máis práctico xa que visitaron “in situ” as Areeiras no territorio que corresponde ao Concello de Sandiás. A andaina por esta paraxe é unha auténtica gozada para o disfrute dos sentidos. Concretamente visitouse o Observatorio de aves 1 (reproducción dun Palafito lacustre) e o Observatorio de aves 2 (Casa dos Terróns, exemplo de arquitectura tradicional sustentabel en terra).

Cecais nun futuro próximo estas pezas dispersas ou como alguén lle chamou “o minifundismo da auga”, poidan volver configurar un novo humidal artificial herdeiro do xa mítico sistema lagunar natural denominado lago Beón.

Quedaron varios temas prácticos por ver como a xeografía física e humana da Lagoa en torno as formas do relevo e os factores antrópicos que a foron configurando (palafitos lacustres, casas de terróns e as distintas pegadas do ser humano dende a época pre-romana ata a modernidade). Tamén non deu tempo de falar da cartografía da lagoa, a toponimia (chamadoiros da Lagoa) e a xeografía mítica (os espazos e habitantes imaxinarios da lagoa de Antela).

Cecais nun futuro próximo estas pezas dispersas ou como alguén lle chamou “o minifundismo da auga”, poidan volver configurar un novo humidal artificial herdeiro do xa mítico sistema lagunar natural denominado lago Beón.

Moi satisfeitos quedamos na «Casa da Lagoa», e grazas pola vosa visita.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?