A Administración preto de ti: rompendo a fenda dixital no mundo rural

Preto de 30 participantes estiveron moi interesados na charla e no asesoramento persoal en relación cos servizos aos que se pode acceder como catastro, permisos de condución, taxas públicas, certificados de vida laboral e todo tipo de solicitudes. Ofreceuse tamén a posibilidade de disponer de certificados dixitais e claves dixitais permanentes para a xestión coa administración.

Persoal da subdelegación do goberno de España visitou o martes 14 de febreiro pola mañá o Concello de Sandiás, onde se levou a cabo unha 𝘅𝗼𝗿𝗻𝗮𝗱𝗮 𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝘁𝗶𝘃𝗮 𝗱𝗼 𝗽𝗿𝗼𝗴𝗿𝗮𝗺𝗮 «𝗔 𝗔𝗱𝗺𝗶𝗻𝗶𝘀𝘁𝗿𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗽𝗿𝗲𝘁𝗼 𝗱𝗲 𝘁𝗶» para achegar as ferramentas dixitais á veciñanza en concellos con menos de 8.000 habitantes. Trátase dun programa do Ministerio de Política Territorial en colaboración coa FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias).

Os técnicos indicaron a intención de que o cidadán teña unha relación directa coa administración áxil e dinámica, sin ter necesidade de desprazarse a capital.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.