A pintura de Xosé Eladio centra a temática na Sala de Exposicións do Concello de Sandiás

O artista Xosé Eladio expuxo unha selección de 47 pezas das súas últimas pinturas na Sala de Exposicións da Casa da Cultura do Concello de Sandiás. A inauguración da exposición foi o sábado día 2 de setembro ás 20:00. Presentaron o acto o alcalde, Felipe Traveso e o propio artista Xosé Eladio co acompañamento dunha excelente música de gaita e tambor. Asistiron ao acto preto de 80 participantes da comarca e de fora da mesma. Posteriormente realizouse a visita á exposición e pechouse o evento cun ágape no local social de Sandiás de lacón, empanada e regado con viño das adegas Dona Elisa e Torres Mancas. Os participantes tamén tamén recibiron por parte de Xosé Eladio un pequeno agasallo pictórico como recordo da súa asistencia.

Herdeiro da bohemia e coa arte en vea

Xosé Eladio criado en Noia (A Coruña) pero nado en Quelle (Toén), cando se lle pregunta pola orixe do interese pola arte indica que “naceu coa man” e que o “leva en vea”. En referencia ao seu proceso de creación artística di ser “herdeiro da bohemia”, traballando de noite e condicionado polas circunstancias e os momentos.

Non recoñece fases ou evolucións na súa creación artística. Indica que é “puro cambio” e que os estados de ánimo teñen moita influencia no seu proceso creativo máis que as evolucións formais ou de estilo.

Entre o realismo e a figuración; infinita en colores e exuberante en formas

Defínese como “artista plástico muralista” contemporáneo. Considérome interiorista pero a base do meu traballo sempre foi a pintura. Di que lle quita máis mollo a unha parede que a un lenzo. A súa caixa de ferramentas é a cor e dentro do mesmo traballa varios estilos mesturando o realismo e a figuración: “Descubrín que podía dicir as cousas con cores e formas, cousas que non podía dicir doutra maneira porque non atopaba as palabras”.

Ourense: a Atenas Galega

Na súa mocidade descubriu que Ourense era a “Atenas Galega”. Os artistas que máis influíron na súa traxectoria creadora (os catro grandes, como el di) son: Quesada, Alexandro, Vidal Souto e Manolo Vidal. Di vivir perfectamente do seu oficio pero deixa claro que “a inspiración existe pero tenche que pillar traballando”. Non en balde saen do seu espírito creador máis de 200 obras ao ano. Ten no seu haber moitas exposicións, especialmente na provincia de Pontevedra e Ourense (Ourense, Allariz, Xinzo, Ribadavia, Verín…) e concursos de pintura rápida. Nestes últimos obtivo varios premios como o 1º,2º e 3º da convocatoria en Ribadavia.

Cando os espectadores abandonen a sala e apáguense as luces: o rumoreo dos personaxes e os ecos do público

Os ecos do público ante a mirada das obras artísticas son múltiples. A xeometría, as cores vivas, a alegría das composicións, a melancolía, os rostros como reflexos de almas distintas con vida propia, foron moitas das indicacións que brindou o público ante a recepción da obra. Unha completa síntese dacabalo entre a mirada profesional dun fotógrafo e espontánea podería ser a expresada por un dos asistentes, Blas González: “A paleta de Eladio é infinita en cores, exuberante en formas e habitada por personaxes de miradas abertas que ocupan o espazo da sala de exposicións da Casa da Cultura de Sandiás. Os protagonistas destes cadros son figuras que soñan -como a muller e o home que se funden nun abrazo-, noutros brilla a melancolía nos seus ollos, algúns se entregan silenciosos á música e o baile, e mulleres con ollos perdidos no seu interior forzan unha mirada de asombro. Entretéñome imaxinando como todos estes personaxes liberásense das súas estrañas máscaras, sacudiranse o asombro parpadeando e comezarán a falar en susurros cando os espectadores abandonen a sala e apáguense as luces”.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?