Actividade moi especial no noso Concilia Verán 2020: apicultores por unhas horas

O 23 de Agosto, no marco do Campamento de Verán “Concilia 2020 pola Igualdade”, os rapaces e rapazas tiveron pola mañá un obradoiro moi divertido e cheo de curiosidades. Grazas a Vichy Beecky’s e Alejandro Portela, coñeceron ao insecto que estivo na terra por cen millóns de anos.

Ademáis, ensináronlles os tipos que hai de abellas, o seu ciclo vital e os produtos que nos dan. Finalmente, coñeceron como funciona un colmenar, micro-mundo das abellas. Aprenderon as partes dunha colmea, os utensilios cos que traballa o apicultor e a sinerxia das abellas no colmenar, traballadoras en equipo por excelencia.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.