Acto de graduación, entrega de diplomas e agasallos do Punto de Atención Infantil (PAI) de Sandiás. 2023

Aquí tedes o álbum de fotos da festa en Sandiás o pasado venres 28 de xullo pola tarde. Cerimonia de graduación no Punto de Atención á Infancia (PAI) de Sandiás. Emotivo e bonito día de graduación para os nenos e nenas que finalizaron a súa etapa no PAI, con canciónsrepresentacións de personaxes, contacontos, maxia,  agradecementos dos pais e nais aos educadores e entrega de diplomas coa mirada atenta e entusiasta das suas familias e educadores.

Destacaron tamén as palabras moi sentidas da Coordinadora do PAI, Cristina, en nome do equipo educativo.

Concluíu o acto cunha gran festa de inchables e merenda. De momento, vacacións. A volta, comezar outra aventura.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?