Aquí tedes o álbum de fotos da festa en Sandiás o pasado venres pola tarde. Cerimonia de graduación no Punto de Atención á Infancia (PAI) de Sandiás. Emotivo e bonito día de graduación para os nenos e nenas que finalizaron a súa etapa no PAI, con cancións, representacións de personaxes, agradecementos dos pais e nais aos educadores e entrega de diplomas coa mirada atenta e entusiasta das suas familias e educadores.
Destacaron tamén as palabras moi sentidas da Coordinadora do PAI, Cristina, en nome do equipo educativo e de Pilar, concelleira, no nome do alcalde Felipe Traveso que tamén impuxo as cintas e birretes aos nenos e nenas na Cerimonia de graduación.
Concluíu o acto cunha gran festa. De momento, vacacións. A volta, comezar outra aventura.