No marco do Verán e Outono Culturais 2021 e do Programa Cultural «Coñecer e andar o Camiño», o Concello de Sandiás vén de programar unha andaina para dar a coñecer os tesouros do patrimonio viario cos que conta o Camiño de Santiago ao seu paso por Sandiás.
- Cando terá lugar? O domingo, 22 de agosto.
- Cal é a distancia? 11 kilómetros.
- Cal é a duración aproximada? 3 horas.
- Cal é a dificultade? Baixa.
- Cal é a hora e lugar de partida? Ás 08:00, no Campo da Festa de Piñeira de Arcos.
- Cal é o protocolo sanitario? Grupos burbulla, mascariña, xel e distancia social.
Información sobre grupos burbulla e inscricións:
- Organizaranse grupos burbulla de 10 persoas independentes cun guía para cada un deles. Manterase, en todo momento, a distancia de seguridade interpersoal.
- O aforo é limitado para 120 persoas, é dicir, 12 grupos.
- A inscrición pode facerse ou ben chamando ao Concello, ou a través do formulario habilitado nesta mesma páxina, ata o mércores 18 ás 14:00.
Prégase puntualidade na saída. Haberá autobuses que trasladen aos peregrinos dende o Campo da Festa de Piñeira de Arcos (punto de partida) ao lugar de inicio da andaina (Areeiras de Sandiás).
Para formalizar a inscrición na andaina, enche o seguinte formulario cos datos solicitados:
Programa Cultural: Coñecer e andar o Camiño
Sandiás, encrucillada de camiños e camiñantes, romanos, irmandiños, fidalgos e peregrinos
Patrimonio viario asociado aos diferentes tramos do Camiño do Sudeste – Vía da Prata ao seu paso polo Concello de Sandiás:
- Topónimo do lugar: As cancelas encarnadas.
- Topónimo do lugar: A Moreiriña.
- Topónimo do lugar: Os bosques.
- Exposición da sinalización que indica a “Ruta de avistamento de aves”.
- Exposición da sinalización que indica a ruta do “Camiño de Santiago”.
- As areeiras de Sandiás:
- Topónimo do lugar: As Espiñeiras.
- Observatorio 1 de aves: a casa de terróns (arquitectura sostible baseada na terra).
- Visita ao observatorio.
- Breve explicación dos carteles do observatorio.
- Fauna e Flora da antiga Lagoa.
- As areeiras como patrimonio xeolóxico-mineiro. Breve parada na Areeira situada en A Marcela. Proceso de extracción da area.
- Paso do Porteziño antigo (canle principal da Lagoa).
- Charca a dereita: O Carpazal grande.
- Topónimo: Camiño da Pontenova (xa núcleo urbano).
- Ponte das Poldras.
- Miliarios do Campo da Lama de Vilariño das Poldras (estrada de frente).
- A rampa de Vilariño das Poldras.
- Festa e feira de San Mateo (21 de setembro). Cabalerizas.
- Antiga Escola de Vilariño das Poldras.
- Pazo do Penedo.
- Capela do San Mateo.
- Forno comunal.
- Topónimo do lugar: Couso.
- As Cachenas de O Barreiro.
- Pazo do Telleyro ou Casa das Bolas.
- Topónimo dunha barriada da freguesía de Couso de Limia: O Tanque da Mamuela.
Parada de avituallamento e descanso.
- Topónimo do lugar: Vilar de Sandiás.
- Vía Nova XVIII e Mansio Géminas.
- A hospitalidade no Camiño: visita ás reformas do Albergue de Peregriños e presentación dos grandes paneis nas paredes do albergue, como réplica do patrimonio viario máis significativo do camiño ao seu paso por Sandiás.
- Lema: Sandiás, encrucillada de camiños e camiñantes. Entre romanos, irmandiños, fidalgos e peregriños.
- Lectura dun texto de Otero Pedrayo sobre o valor dos camiños.
- Peregriños históricos do Camiño ao seu paso por Sandiás: entre 7 e 10 personaxes históricos ilustres e pobres de solemnidade que pasaron por Sandiás ao longo da historia.
- Crónica histórica dunha viaxe realizada polo intendente de Camiños ao seu paso por Xinzo e Sandiás.
- Parada de avituallamento e descanso.
- Igrexa de Santo Estevo (dereita). V Centenario.
- Topónimo do lugar: A Patomela. Torre do Castro (Xerros e Xerras medievais).
- O penedo do Castrón (Novaiño).
- Topónimo do lugar: A Queimadiña.
- Topónimo do lugar: Santa Ana.
- Petroglifos ou grabaduras en Santa Ana.
- Mouras, fonte e lagas de O Piago.
- Santuario A Uceira.
- Topónimo do lugar: A Nogueira.
- A Fonte a as lagas ou pergos da Nogueira.
- O Camiño Real ou Vrea Vella. Pedra de Abiñar.
- Topónimo do lugar: Entre Vereas, Cancelos, Casas da Ponte.
- A Carballeira da Nogueira.
- O Castro do Monte Pendón.
- O Peinador da Moura (Cantariñas).
- A Fonte da Santa Mariña.
- Lenda, ritos e procesións de Santa Mariña ao monte Pendón.
- A Fonte da Costa.
- O petroglifo ou Grabadura: O Penedo da Cabra.
- Topónimo do lugar: Piñeira.
- Pontiña (pasadoiro de pedra).
- Muíño dos Roleiros.
- Topónimos: Perdigón, Regato Vello, Nabás da Cal, Os Liñares, Os Prados do Muíño.
- O Museo do Camiño.
- Camiño hacia San Salvador dos Penedos (Allariz).