Andaina/Ruta Interpretativa pola Lagoa de Antela e a Vía Nova no marco das Xornadas «Sapere Aude» con visita á Casa da Lagoa en Sandiás

Dentro das Xornadas Sapere Aude que se desenvolven neste 2023, o 29 de outubro tivo lugar a andaina-ruta interpretativa pola Lagoa de Antela e a Via Nova entre o Museo Etnográfico da Limia (Vilar de Santos) e o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela (Sandiás). Unha oportunidade única para coñecer o noso patrimonio histórico e natural camiñando os nosos sendeiros, con paradas interpretativas nos lugares de interese.

O percorrido lineal pasou polo Museo da Limia (Vilar de Santos), charcas de Vilar de Santos e Sandiás, Miliarios de Vilariño das Poldras no contexto da Vía Nova, Cerredelo, S. Bieito de Uceira e finalmente a visita a Casa da Lagoa (Sandiás) acompañados polo guía Alex de los Rios.

Patrocinaron a actividade a Xunta de Galicia (Consellería de Cultura, Educación e Formación Profesional e Universidades), Concello de Vilar de Santos, Museo Etnográfico da Limia, Concello de Sandiás e Centro de Intepretación da Lagoa de Antela.

Colaboraron coa actividade Arca de Noe, Café Bar Central Social, Rosa Artesanía, Asociación Mulleres Rurais Arracada, Noelia Peluquería, Lumecú, Faragullas, Sabor de Aldea e Redonet. No local social de Sandiás os participantes fixeron un descanso, tomaron un ágape e repartíronse varios premios (chourizos, xamóns, bolsos, libro Oceanoe. Travessia polo mar das Antelas da Arca da Noe, etc).

Moitas grazas pola visita e esperámosvos noutro momento para facer unha vista con máis calma e profundidade. Grazas.

 

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?