Búsqueda, preparación, cociña e aprendizaxe coa Asociación “Os Cogordos” nas VI Xornadas Micolóxicas en Sandiás

Deixámosvos aquí un álbum de fotos da V Semana Micolóxica.

Xa estamos no outono! Estades preparad@s? Tras estes días de choiva, comezaremos a ter cogomelos nos nosos montes. Sodes quen de atopalos e identificalos? Animádesvos a collelos, coñecelos e comelos? Así desafiaba o concello de Sandiás á súa veciñanza para invitalos as V Xornadas Micolóxicas do 12 de novembro, un roteiro guiado pola Asociación Micolóxica “Os Cogordos (Ourense).

Os destinatarios foron os veciños que estiveron convocados ao carón da Casa do Concello ás 09:00 do domingo 12 de novembro. Grazas aos 23 veciños que acudiron á cita pertrechados de roupa e calzado apropiado, navalla, cesto e aperitivo e aos que por diversas circunstancias non puideron asistir e teñen asistido todos estes anos pasados. Houbo un pouco de todo: boa compaña, fatigas, disfrutar do bo tempo e alegría por cada encontro das preciadas setas, que por momentos, ofreceron sorpresas inesperadas.

O encontro desenvolveuse ao longo de toda a mañá e parte da tarde. Pola mañá saíron ao monte á recollida. A continuación seguiu a limpeza e preparación e cociñado dos cogomelos. Por último, no monte e no local social de Sandiás coa expléndida e experimentada asesoría didáctica de Xosé Luis, da Asociación “Os Cogordos” tivemos un expontáneo faladoiro sobre a identificación dos cogomelos e as súas características, perigos de intoxicación, etc.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.