Campus Arco Baloncesto: primeiro 3×3 en Couso de Limia

A  xornada  do  mércores 5 de agosto  do Campus Arco  desenvolveuse  nas pistas deportivas da aldea de Couso de Limia, no Concello de Sandiás.

Este ano  levouse a cabo  unha  nova modalidade de 3×3 de baloncesto, e houbo  unha comida na  carballeira  ao  carón das  instalacións deportivas, ademais dunha xornada de convivencia.

Tamén se desenvolveron ensaios da coreografía que se porá en práctica  ao final do campus e unha velada con diversidade de cantos.

Finalmente, o alcalde, Felipe  Traveso, no nome  do Concello de Sandiás,  dirixiu  unhas breves palabras e  fixo entrega de premios  aos deportistas e  ao equipo organizador.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.