Xa por quinta vez consecutiva, a xornada do martes 1 de agosto do Campus Arco desenvolveuse nas pistas do complexo polideportivo da aldea de Couso de Limia, non Concello de Sandiás. En primeiro lugar realizouse ante a fachada do Concello como é tradicional, a fotografía oficial dos preto de 100 participantes do Campus incluíndo os organizadores do Campus e os mozos participantes.
A continuación as actividades desenvolvéronse en Couso de Limia con competicións de 3×3 de baloncesto nas variantes de minibasket e canastra grande, disputando o IV “Torneo Vila de Sandiás”.
Posteriormente disfrutouse dunha comida a base de salchichas e hamburguesas co Alcalde, Felipe Traveso aos mandos da grella, seguida de momentos de descanso e convivencia na fermosa carballeira na chamada praza Arroteas. Despois dunha improvisada sesión de Karaoke disputáronse as finais. A continuación, entrega de trofeos polo alcalde.
Pola noitiña, xa no campo base do Ceip de Sandiás puxeron final o intenso día. con actividades colectivas.