Cantar de Reis 2022 en Sandiás

Aquí está o cartaz do Cantar dos Reis 2021 o día 5 de xaneiro, mércores. Contamos coa vosa presenza para animar e participar desta festa. Este é o primeiro ano no que vamos intentar recuperar dita tradición coa colaboración imprescindible do CDR O Viso e a animación de pandeiretas, bandurrias e acordeóns.

Case a totalidade dos cantos de Reis relatan unha viaxe ou falan dun camiño no que o Sol comeza o seu renacemento cíclico a partir do solsticio de inverno. O Sol viaxa constantemente e o camiño representa asqueda dunha nova vida.

Nas festas de Nadal era costume ir a cantar polas casas. Grupos de mozos e non tan mozos percorrían antigamente as rúas das aldeas e parroquias interpretando pezas populares que se transmitían oralmente ao longo dos séculos. A cambio recibían un aguinaldo, xeralmente en especie (viño, chourizo, touciño, doces…) e en moitas casas pasaban boa parte da noite de festa e cantando.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?