Charla do médico de Sandiás D. Álvaro de Castro sobre a importancia de coidar os servizos socio-comunitarios para a saúde e o benestar

Grazas ás 41 persoas que participaron o pasado venres, 20 de outubro, na charla do D. Álvaro de Castro, médico titular de Sandiás sobre a importancia de coidar os servizos socio-comunitarios.

Aproveitando a apertura do Proxecto de Dinamización Comunitaria levado a cabo pola concellería de Xustiza e Participación Cidadá, tivo lugar a charla sobre a Cronicidade e os servizos socio-comunitarios, organizada entre o Concello e a Casa do Maior “Casa dos Avós” (Santa Ana).

O doutor Álvaro Castro resaltou a importancia en xeral dos servizos socio-comunitarios nunha comunidade de veciñ@s como os bancos, farmacias, supermercados, casas do maior, vivendas comunitarias e outros. Concretamente destacou a relevancia dos especificamente relacionados coa saúde e o benestar como lugares onde socializar, compartir experiencias, dialogar e así rachar coa soidade.

Falou tamén das diferenzas entre as enfermidades crónicas e agudas explicadas didácticamente a través da mostración das diferentes partes do corpo humano. Indicou que hai moitas posibilidades de enfermar crónicamente nos concellos onde a xente maior é prevalecente.

A concelleira Pilar Cabrera ademáis de presentar a iniciativa colaborativa entre o concello e a “Casa dos Avós” e aproveitou tamén para indicar que este Proxecto de Dinamización Comunitaria está aberto a todos os públicos a partir do 20 de outubro, os venres de 16:00 a 20:00.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.