Conciliación e ocio activo e saudable. O Campamento Concilia Sandiás Verán 2023 chega ao seu fin

Rematamos dous meses espectaculares rodeados dos nen@s que o fixeron todo moi fácil, en palabras dos seus animadores. Desfrutaron xuntos con cada actividade, cada xogo e todas as vivenzas compartidas!

Un pequeno álbum de fotos das actividades en favor dun ocio activo, saudable e non violento

Deixámosvos un pequeno álbum de fotos que reflicten as últimas semanas e a festa final da cal desfrutaron os rapaces e rapazas de Sandiás e arredores. A organización das actividades cada día da semana xiraron ao redor dunha riqueza moi ampla de temáticas: xogos cooperativos adaptados, xogos populares non competitivos, conta-contos, actividades deportivas, obradoiros de xoguetes reciclados, actividades artísticas (debuxo, pintura…), música e baile, xincanas coeducativas, uso seguro das novas tecnoloxías, educación emocional, técnicas de resolución de conflitos… Tamén un día de festa final con inchables, xogos, música, karaoke, obradoiros varios e un pequeno ágape.

Un servizo de apoio á conciliación familiar e de ofrecemento dun entorno seguro e educativo

Un ano máis o programa, diseñado para o verán pensando nos nenos e nenas do concello, quixo contribuir na medida do posible á conciliación familiar e tamén a ofrecer un entorno seguro e enriquecedor, socializando e favorecendo a aprendizaxe dun ocio activo e saudable e non violento durante o período de descanso escolar.

Agradecementos

Grazas de corazón aos rapaces e rapazas participantes e protagonistas e as familias pola súa confianza depositada no concello un verán máis.

Así mesmo, agradecemos o traballo de calidade ao equipo de animadoras (Aida, María e Aroa) que forman parte da entidade xestora Atelier Social. O contacto coa natureza, facer amizades novas, rir sen parar, desfrutar cos xogos e obradoiros moi variados son experiencias que quedan gardadas na memoria para sempre.

O alcalde, Felipe Traveso, expresa a súa gratitude a nen@s, familias e equipo de animadoras.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?