Contaxiándonos de humor con Serxio Pazos: un pequeno bicho ameaza con acabar coa nosa especie

Despois de ser homenaxeado pola organización do Festival Internacional de Curtas en Verín, o popular artista televisivo Serxio Pazos, nado no pobo de Santa Ana, recala   outro ano máis no concello de Sandiás.

Trátase  dun espectáculo de recente estrea en torno ao tema da pandemia e o confinamento. A finais do 2019  unha pandemia arrasa o planeta e durante o 2020 a poboación  tivo que confinarse  nas casas e gardar corentena porque un pequeno bicho ameazaba con acabar coa nosa especie. Non monólogo recréanse situacións que vivimos ou observamos,  sempre interactuando co público para  inocularlles a vacina do humor.

Terá lugar o sábado 18 de setembro ás 20:00, no Polideportivo do Campo de San Nicolás

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.