Convocatoria da Actividade Colaborativa «Expresando a Igualdade»

Con motivo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Concello de Sandiás convoca unha actividade colaborativa. A actividade consiste en que cada participante exprese nunha frase o que significa a igualdade e a escriba nun folio A3, que se pode decorar. O ou a participante terá que enviar unha fotografía en formato .jpg co cartel en A3. Todas as participacións recibidas formarán parte do vídeo recompilación que realizará o persoal do Concello.

OBXECTO DA ACTIVIDADE:

  • A promoción da igualdade dentro do Concello de Sandiás.
  • Relización dun vídeo recompilación de todos e todas as participantes.

BASES DA ACTIVIDADE:

  • PARTICIPANTES: Poderá participar no concurso calquera integrante da veciñanza do Concello de Sandiás. Quedarán fóra da participación todas as persoas que atenten aos dereitos de honra, imaxe e intimidade, ou que promulguen mensaxes de odio.
  • TEMÁTICA: unha frase que exprese o que significa para o participante a igualdade.
  • ENVÍO DAS PARTICIPACIÓNS: os ou as participantes teñen dúas opcións para o envío da fotografía en formato .jpg, que se indican a continuación.
  • ACEPTACIÓN DAS BASES: A participación na actividade colaborativa implica a aceptación íntegra e incondicional destas bases.
  • CESIÓN DE DEREITOS DE REPRODUCIÓN, DIFUSIÓN E EXPOSICIÓN: A participación nesta actividade leva implícita a cesión de dereitos de reproducción, difusión e exposición das obras premiadas, así como o dereito a retirar todas as demais participacións que non sexan aceptadas por vulneración de dereitos. En cumprimento da normativa vixente sobre protección de datos de carácter persoal, os datos de carácter persoal que se faciliten, serán empregados con fins de comunicación. En calquera caso, poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante a comunicación ao Concello de Sandiás.
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?