Deu comezo en Sandiás a segunda etapa dos Obradoiros de Estimulación Cognitiva coa Asociación de Alzheimer de Ourense (AFAOR) con 20 persoas participantes

A Asociación de Alzheimer de Ourense (AFAOR) e a Concellería de Política Social e Participación Cidadá do Concello de Sandiás, ofrecen “Obradoiros de estimulación cognitiva” destinados a persoas maiores válidas e/ou con deterioro cognitivo leve, con carácter gratuito nunha segunda etapa ao longo do ano 2023, despois da exitosa acollida que tiveron os da primera fase do ano 2022.

O primeiro obradoiro deste ano 2023 comezou o pasado, 24 de marzo ás 16:30 da tarde. Foi a primeira sesión coa participación de 18 persoas dun total de 20 apuntadas. Participaron veciños das aldeas de Piñeira de Arcos, Arcos, Vilariño das Poldras, Lavandeira, Santana, Novaiño, Sandiás, Xinzo, Couso de Limia, As Pegas… Haberá xuntanzas todos os venres ás 16.30 no local social do Concello de Sandiás.

A animadora especialista é de novo Mayara Estevam, educadora social. Os obxectivos dos obradoiros, comenta Mayara, “van en liña de traballar o envexecemento activo». Trátase de poñer o cerebro á súa máxima funcionalidade e traballar as capacidades mentais como o cálculo, o razoamento, a memoria, e a atención para mellorar as mesmas”.

As sesións duran unha hora e media e trabállase persoalmente e en equipo. “Entre os tipos de actividades que se realizan destacan estimulación cognitiva, psicomotricidade, cálculo, razoamento, memoria, atención e interactividade con dinámicas grupais, comunicación e interacción entre as persoas”. Desta maneira rachamos coa soidade e creamos texido comunitario.

Resalta Mayara, é unha actividade que gusta: “traballamos en máis de cinco concellos e en máis de doce asociacións de veciños. Adoita gustar a actividade. Ademais, adoita ser unha actividade de costume. As persoas interactúan máis, aumenta a autoestima e demandan cada vez máis ditas actividades”.

Estas actividades preventivas son fundamentais dado que o alzheimer é un tipo de demencia moi presente. A partir dos 80 anos soben un 35% dos casos. Non existe outra maneira de previr máis que estes talleres.

Conclúe Mayara afirmando que “estas actividades, ademáis de preventivas son actividades para gozalas e non para sufrilas”.

Contentos da resposta obtida e co desexo que a mesma se amplie. Para inscribirse nos obradoiros, poden dirixirse ao teléfono da Casa do Concello (988 465 001).

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?